Nos arredores do Estadio de San Lázaro disputouse na mañán de hoxe o XVI Trofeo Concello de Santiago de Ciclocróss, terceira proba da Copa Galicia.
Desta volta na categoría de Promoción, Luís Mendez non tiña o seu día e remataba no 5º posto a dous do "caixón".
En Cadete era Mario Fernández o que nos agasallaba co único Pódio da xornada o rematar no 3º posto mentras que Diego Santomé tamén realizaba unha boa carreira e remataba 7º, o mesmo que Iago Alvarez que acadaba o 16º.
En Féminas Júnior participaba a nosa representante María Correa que acadaría a 7º praza.
Rematarían os Sub-23 i Elites e nos primeiros Adrián Santomé acadaba o 9º posto e Xoel Villa o 10º mentras que en Elite Iñaki Eiras facíase co 18º posto e Sergio Gutierrez co 33º.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario