Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de junio de 2019

VITORIAS DE LUCÍA E MARIO EN MARÍN



No Mini DH Kamikazes que se disputou na tarde de onte en Marín a vitória foi para a nosa Benxamina Lucía González que se facía co primeiro posto da clasificación mentras que en Benxamín masculino o debutante Marco Rodríguez era 8º.
En Promesa 14º posto para Mateo Rodríguez, 15º para Iker González e 17º para Edgar Alonso mentras que Aitor Rodríguez era 16º en Principiantes.
A Alevín Irene Rodríguez facíase co 4º posto en feminino mentras que en masculino Diego Adrover era 11º e Unai Fernández 14º.
Remataba a nosa participación o Infantíl Iker Rodríguez no 13º posto.

Hoxe pola mañán daba comenzo a tempada de BTT DH (Descenso), cunha proba organizada tamén polo C.D. Kamikazes e alí estaba Mario Fernández para facerse coa vitória na categoría Júnior e desta maneira coller o liderato da Copa Galicia.
FOTOS MINI DH

domingo, 23 de junio de 2019

SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA PARA MARIO, VITORIA FINAL PARA ZAIDA NO TROFEO FEDERACIÓN E VITÓRIAS EN NEGREIRA







Esta foi unha fin de semana cargada de éxitos donde nos atopamos con Mario Fernández que se proclamou Subcampión de España de BTT Enduro Junior, Zaida González Campiona do Trofeo Federación de BTT XCO e os podios en Negreira pasando polo Mini BTT de Sanxenxo.

Comenzamos pola mañán do sabado no VIII Mini BTT de Sanxenxo donde a nosa Benxamina Lucía González acadaba a 5ª praza mentras que en masculino Alan Alonso era 34º.
En Promesa B Iker González era 24º e Mateo Rodríguez 27º. Pola súa banda Alan Alonso facíase co 24º posto en Promesa A.

No mesmo Sanxenxo pero pola tarde Zaida González clasificabase 2ª no V BTT XCO desta localidade do Salnés o que lle valía para proclamarse campiona do Trofeo Federación Sub-23 gracias a súa regularidade nas cinco probas disputadas.

Na provincia da Coruña estaba a outra expedición rosaleira para participar na VI Volta Ciclista Concello de Negreira que comenzou coa vitória de Diego Coimbra en Promesa mentras que súa irmán Saray tamén subía o podio coa segunda praza acadada en feminino.
En Principiante tamén subía o podio Lucas Alvarez co segundo posto mentras que Aitor Rodríguez era 9º e Roi Alvarez 11º.
En Alevín desta volta Pablo Rodríguez quedábase sin premio o rematar no 4º posto mentras que o 10º era para Unai Fernández e o 11º era para Diego Adrover mentras que en feminino Irene Rodríguez tamén quedaba as portas do podio o rematar 4ª.
En Infantís gran progresión de Iker Rodríguez que rematou 8º mentras que o Cadete Javi Sanz tamén milloraba e acadaba o 16º posto.

E con todo isto chegamos a mañán de hoxe en Moaña donde se celebraban os Campionatos de España de BTT Enduro e donde o Club Ciclista O Rosal tiña depositadas grandes esperanzas en Mario Fernández que participaba na categoría Junior defendendo a Medalla de Bronce conquistada o ano pasado en Teror (Illas Canarias).
Comenzaba o primeiro tramo e Mario perdía cinco segundos con respecto o primeiro clasificado que era o valenciano Ignacio Valverde. No segundo tramo recuperaba dous segundos e quedaba a tres do líder. No terceiro perdía dous mais. No cuarto tramo roubaballe un segundo máis e facíanos soñar co ouro o estar separados por tan só tres segundos e con Mario en plena recuperación co que chegabamos o quinto e derradeiro tramo que ía dictar sentencia e aquí o cronómetro decantábase polo valenciano que lle sacaba dez segundos de "ouro" polo que por unha diferencia de 14.241 Mario remataba no segundo posto e traía para O Rosal esa "relucinte" e merecida Medalla de Prata.

Parabéns a Mario, Zaida, Diego, Saray, Lucas polos seus éxitos colleitados sen esquecernos do resto dos seus compañeir@s que sempre loitan por defender as cores do Club Ciclista O Rosal.
FOTOS DA FIN DE SEMANA
 

lunes, 17 de junio de 2019

VOLTAMOS DE BEMBRIVE COAS VITÓRIAS DE SARAY E ROI, SEGUNDO POSTO DE DIEGO E TERCEIRO DE PABLO

Sin apenas descanso despois da axetreada tarde do sabado na Praza do Calvario, onte voltamos de novo a competir, desta vez foi no IV Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo).

Como de costume @s nos@s ximcaneir@s non faltaron a súa cita co podio e Saray Coimbra subía o máis alto o facerse coa vitória de Promesa feminino seguida de Lucía González no 5º. Un peldaño máis abaixo quedaba o irmán Saray, Diego que en masculino era segundo. Un chisquiño por detrás quedaban Mateo Rodríguez no 6º posto, Iker González no 7º, Edgar Alonso 9º e Alan Alonso 13º.

En Principiantes era Roi Alvarez o que repetía a vitória do sábado e voltaba a ser o máis rápido para levarse o primeiro posto.

En Alevíns de novo foi Pablo Rodríguez o que subía o terceiro posto nunha moi boa carreira mentras que a fémina Irene Rodríguez era 7ª.

Qudanos as categorías de Infantíl e Cadete cun representante en cada unha delas e Iker Rodrígues era 15º na primeira e Javi Sanz 23º na segunda.

domingo, 16 de junio de 2019

XIV TROFEO MONTES DO ROSAL CON PODIOS DE SARAY, LUCAS E ROI



Gran tarde de ciclismo a vivida onte na Praza do Calvario e os seus arredores co gallo do XIV Trofeo Montes do Rosal que como tódolos anos organiza o Club Ciclista O Rosal.

Comenzaon a competir as categorías de ximcana e en Promesas Diego Coimbra acadaba o 5º  posto seguido de Iker González no 6 e os irmáns Rodríguez Souto nos postos 7º e 16º para Mateo e Marco respectivamente, suliñando que para éste último supoñía o seu estreo na competición. En feminino era Saray Coimbra a que nos daba o primeiro podio da xornada o facerse co segundo posto mentras que Lucía González era 7ª.

En Principiantes chegaban os outros dous podios da man de Roi Alvarez que era 1º e Lucas Alvarez que era segundo mentras que Aitor Rodríguez cometía tres erros que o facían baixar ata a 12º posición.

En Alevíns Irene Rodríguez agasallábanos co 5º posto mentras que en masculino destacamos a gran carreira dos nosos representantes xa que os tres cruzaron a liña de meta entre os sete primeiros, pois Pablo Rodríguez era 4º, Unai Fernández 5º e Diego Adrover 7º.

Pasamos a categoría de Infantís donde o noso Iker Rodríguez non lle saía a carreira que él agardaba e remataba  22º.

Outro tanto lle acontecía a Javi Sanz que en Cadetes realizaba unha gran carreira pelexando polas primeiras posicións durante toda a proba e que na anteúltima volta pasaba en terceira posición, o final tiña que conformarse co 18º posto na clasificación.

Remataba a categoría Junior e aquí tíñamos a Irea Villa que remataba cuarta mentras que Iago Alvarez era 19º en masculino.
Nesta carreira de Junior tamén se decidía o campión da Copa Galicia que foi para Marco António Marques do Tensai (Viana do Castelo) acompañado por Manuel Sampedro (C.C. Cambre) e por Renán Cuadri  Tensai (Viana do Castelo).

E para rematar, non nos canasaremos de agradecer a tódolos que colaboraron na celebración desta nova festa do ciclismo no Rosal como son as firmas comercias da vila, voluntarios que axudaron a Organización,  Protección Civil do Rosal, Policía Local, Comunidade de Montes de Santa Mariña e o Concello de O Rosal, xa que co apoio todos eles, fai que todo isto sexa posible.
FOTOS DA CARREIRA 

lunes, 10 de junio de 2019

MARIO FERNÁNDEZ SUBCAMPIÓN DE GALICIA DE BTT ENDURO


Esta foi unha fin de semana moi intensa con "expedicionarios" a Viveiro, Baños de Molgas, Ribadumia, Cangas e Gondomar.

Na tarde do sabado en Viveiro contamos cos primeiros podios, pois Roi Alvarez era segundo en Principiantes e Irene Rodríguez terceira en Alevín feminino. Pola súa banda Javi Sanz competía na categoría Cadete contra os millores ciclistas de Galicia, Asturias e Cantabria no Trofeo Atur-Cantabro-Galego e acadaba un gran 34º posto.

Na mesma tarde pero na ourensá Baños de Molgas era a volta dos participantes de MiniBTT e en Benxamín feminino Lucía Gopnzález acadaba o 4º posto mentras que seu irmán Iker era 16º en Promesa B, nesta mesma categoría Mateo Rodríguez sofría unha caída que o facía abandonar.

Pasamos xa o domingo pola mañá e esta mesma "cuadrilla" apoiada por outros reforzos participaban no Mini DH en Ribadumia e aquí chegaban as primeiras vitórias dende que practican o ciclismo de competición de Lucía González e de Alan Alonso en Benxamín. En Promesas Edgar Alonso facíase co 18º posto, Iker González co 14º. En Principiante era Aitor Rodríguez o acreedor do 14º posto para rematar con Diego Adrover quer en Alevín colleitaba un fantástico 5º posto.

Deixamos o Salnés e ímonos o Morrazo co XV Trofeo Concello de Cangas donde se acadaban outros tres podios, comenzando polo acadado por Saray Coimbra que se facía coa 2ª posición en Promesa feminino mentras que seu irmán Diego era 4º en masculino.
En Principiante chegaba o segundo podio da "matinal canguesa" con Roi Alvarez que en Principiantes tamén acadaba o 2º posto.
O derradeiro era o de Pablo Rodríguez que está demostrando que está entre os "punteiros" da categoría Alevín xa que onte o segundo posto era para él despois dun apretadísimo esprint o que lle faltaron un par de metros para facerse coa vitória. Gran carreira tamén para Unai Fernández que facía a súa millor clasificación da tempada o rematar 5º. Moi pretiño do podio tamén remataba Irene Rodríguez o acadar o 4º posto en feminino.
Remataba Iker Rodríguez que noutra grande actuación se facía co 5º posto de Infantís.

Deixamos para o final o Campionato de Galicia de BTT Enduro que se celebrou nas ladeiras da Serra do Galiñeiro en  Vincios (Gondomar) co noso representante Mario Fernández.
Comenzaba a carreira co primeiro tramo no que Mario sofría unha caída e remataba 49º absoluto e terceiro Junior a 8 segundos do primeiro da categoría.
No segundo tramo as cousas saían millor e recortaba 4 segundos.
Chegaba o terceiro tramo con Mario decidido a facerse co mando da categoría pero unha inoportuna saída de cadea facía que tivese que baixar mais de medio tramo sin poder pedalar e de novo perdía tempo, desta volta eran 13 os segundos que se deixaba.
Na saída do cuarto tramo Mario comentaballe a éste "redactor" a súa intención de dalo todo para facerse co liderato e recurtaba os trece segundos perdidos no tramo anterior.
Chegaba o quinto e derradeiro tramo pero novos inconvenientes facían que perdese un segundo e que o final se traduciría nunha desvantaxe de cinco segundos para que Mario se fixese co Subcampionato de Galicia.
FOTOS do ENDURO
FOTOS de MOLGAS-VIVEIRO-RIBADUMIA

domingo, 2 de junio de 2019

VITORIA DE SARAY E TERCEIRO DE PABLO EN SANTIAGO E NOVA VITORIA DE ZAIDA EN OROSO



 Onte pola tarde competíamos en dúas localidades moi cercanas unha da outra como eran Oroso e Santiago de Compostela.

Era Zaida González a que participaba no III XCO CONCELLO DE OROSO de BTT na categoría Sub-23 e como non podía ser doutra maneira, Zaida alzábase coa vitória, o que o mesmo tempo fai que pase a liderar o Trofeo Federación da especialidade.

Moi perto, nos arredores do Estadio de San Lázaro en Santiago participaban os cadetes e escolas coas nosas féminas de Promesas que se facían ver de novo, pois Saray Coimbra dominaba a ximcana e facíase coa vitória mentras que Lucía González quedaba moi perto, concretamente no 4º posto mentras que en masculino o seu irman Iker tamén facía 4º con Diego Coimbra 7º e Mateo Rodríguez 8º.

En Principiantes o 4º posto tamén era para Roi Alvarez e cuarto posto tamén para Irene Rodríguez en Alevín feminino. En Alevín masculino era Pablo Rodríguez o que nos daba outra alegría o rematar no 3º posto mentras que Diego Adrover era 5º e Unai Fernández 13º.

En Infantíl o 11º posto era para Iker Rodríguez que se vai adaptando a categoría, adaptación que tamén está confirmando Javi Sanz en Cadete e que na xornada de onte remataba 14º.
FOTOS