Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 2 de junio de 2019

VITORIA DE SARAY E TERCEIRO DE PABLO EN SANTIAGO E NOVA VITORIA DE ZAIDA EN OROSO



 Onte pola tarde competíamos en dúas localidades moi cercanas unha da outra como eran Oroso e Santiago de Compostela.

Era Zaida González a que participaba no III XCO CONCELLO DE OROSO de BTT na categoría Sub-23 e como non podía ser doutra maneira, Zaida alzábase coa vitória, o que o mesmo tempo fai que pase a liderar o Trofeo Federación da especialidade.

Moi perto, nos arredores do Estadio de San Lázaro en Santiago participaban os cadetes e escolas coas nosas féminas de Promesas que se facían ver de novo, pois Saray Coimbra dominaba a ximcana e facíase coa vitória mentras que Lucía González quedaba moi perto, concretamente no 4º posto mentras que en masculino o seu irman Iker tamén facía 4º con Diego Coimbra 7º e Mateo Rodríguez 8º.

En Principiantes o 4º posto tamén era para Roi Alvarez e cuarto posto tamén para Irene Rodríguez en Alevín feminino. En Alevín masculino era Pablo Rodríguez o que nos daba outra alegría o rematar no 3º posto mentras que Diego Adrover era 5º e Unai Fernández 13º.

En Infantíl o 11º posto era para Iker Rodríguez que se vai adaptando a categoría, adaptación que tamén está confirmando Javi Sanz en Cadete e que na xornada de onte remataba 14º.
FOTOS






No hay comentarios:

Publicar un comentario