Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 10 de junio de 2019
MARIO FERNÁNDEZ SUBCAMPIÓN DE GALICIA DE BTT ENDURO
Esta foi unha fin de semana moi intensa con "expedicionarios" a Viveiro, Baños de Molgas, Ribadumia, Cangas e Gondomar.
Na tarde do sabado en Viveiro contamos cos primeiros podios, pois Roi Alvarez era segundo en Principiantes e Irene Rodríguez terceira en Alevín feminino. Pola súa banda Javi Sanz competía na categoría Cadete contra os millores ciclistas de Galicia, Asturias e Cantabria no Trofeo Atur-Cantabro-Galego e acadaba un gran 34º posto.
Na mesma tarde pero na ourensá Baños de Molgas era a volta dos participantes de MiniBTT e en Benxamín feminino Lucía Gopnzález acadaba o 4º posto mentras que seu irmán Iker era 16º en Promesa B, nesta mesma categoría Mateo Rodríguez sofría unha caída que o facía abandonar.
Pasamos xa o domingo pola mañá e esta mesma "cuadrilla" apoiada por outros reforzos participaban no Mini DH en Ribadumia e aquí chegaban as primeiras vitórias dende que practican o ciclismo de competición de Lucía González e de Alan Alonso en Benxamín. En Promesas Edgar Alonso facíase co 18º posto, Iker González co 14º. En Principiante era Aitor Rodríguez o acreedor do 14º posto para rematar con Diego Adrover quer en Alevín colleitaba un fantástico 5º posto.
Deixamos o Salnés e ímonos o Morrazo co XV Trofeo Concello de Cangas donde se acadaban outros tres podios, comenzando polo acadado por Saray Coimbra que se facía coa 2ª posición en Promesa feminino mentras que seu irmán Diego era 4º en masculino.
En Principiante chegaba o segundo podio da "matinal canguesa" con Roi Alvarez que en Principiantes tamén acadaba o 2º posto.
O derradeiro era o de Pablo Rodríguez que está demostrando que está entre os "punteiros" da categoría Alevín xa que onte o segundo posto era para él despois dun apretadísimo esprint o que lle faltaron un par de metros para facerse coa vitória. Gran carreira tamén para Unai Fernández que facía a súa millor clasificación da tempada o rematar 5º. Moi pretiño do podio tamén remataba Irene Rodríguez o acadar o 4º posto en feminino.
Remataba Iker Rodríguez que noutra grande actuación se facía co 5º posto de Infantís.
Deixamos para o final o Campionato de Galicia de BTT Enduro que se celebrou nas ladeiras da Serra do Galiñeiro en Vincios (Gondomar) co noso representante Mario Fernández.
Comenzaba a carreira co primeiro tramo no que Mario sofría unha caída e remataba 49º absoluto e terceiro Junior a 8 segundos do primeiro da categoría.
No segundo tramo as cousas saían millor e recortaba 4 segundos.
Chegaba o terceiro tramo con Mario decidido a facerse co mando da categoría pero unha inoportuna saída de cadea facía que tivese que baixar mais de medio tramo sin poder pedalar e de novo perdía tempo, desta volta eran 13 os segundos que se deixaba.
Na saída do cuarto tramo Mario comentaballe a éste "redactor" a súa intención de dalo todo para facerse co liderato e recurtaba os trece segundos perdidos no tramo anterior.
Chegaba o quinto e derradeiro tramo pero novos inconvenientes facían que perdese un segundo e que o final se traduciría nunha desvantaxe de cinco segundos para que Mario se fixese co Subcampionato de Galicia.
FOTOS do ENDURO
FOTOS de MOLGAS-VIVEIRO-RIBADUMIA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario