Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 23 de junio de 2019
SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA PARA MARIO, VITORIA FINAL PARA ZAIDA NO TROFEO FEDERACIÓN E VITÓRIAS EN NEGREIRA
Esta foi unha fin de semana cargada de éxitos donde nos atopamos con Mario Fernández que se proclamou Subcampión de España de BTT Enduro Junior, Zaida González Campiona do Trofeo Federación de BTT XCO e os podios en Negreira pasando polo Mini BTT de Sanxenxo.
Comenzamos pola mañán do sabado no VIII Mini BTT de Sanxenxo donde a nosa Benxamina Lucía González acadaba a 5ª praza mentras que en masculino Alan Alonso era 34º.
En Promesa B Iker González era 24º e Mateo Rodríguez 27º. Pola súa banda Alan Alonso facíase co 24º posto en Promesa A.
No mesmo Sanxenxo pero pola tarde Zaida González clasificabase 2ª no V BTT XCO desta localidade do Salnés o que lle valía para proclamarse campiona do Trofeo Federación Sub-23 gracias a súa regularidade nas cinco probas disputadas.
Na provincia da Coruña estaba a outra expedición rosaleira para participar na VI Volta Ciclista Concello de Negreira que comenzou coa vitória de Diego Coimbra en Promesa mentras que súa irmán Saray tamén subía o podio coa segunda praza acadada en feminino.
En Principiante tamén subía o podio Lucas Alvarez co segundo posto mentras que Aitor Rodríguez era 9º e Roi Alvarez 11º.
En Alevín desta volta Pablo Rodríguez quedábase sin premio o rematar no 4º posto mentras que o 10º era para Unai Fernández e o 11º era para Diego Adrover mentras que en feminino Irene Rodríguez tamén quedaba as portas do podio o rematar 4ª.
En Infantís gran progresión de Iker Rodríguez que rematou 8º mentras que o Cadete Javi Sanz tamén milloraba e acadaba o 16º posto.
E con todo isto chegamos a mañán de hoxe en Moaña donde se celebraban os Campionatos de España de BTT Enduro e donde o Club Ciclista O Rosal tiña depositadas grandes esperanzas en Mario Fernández que participaba na categoría Junior defendendo a Medalla de Bronce conquistada o ano pasado en Teror (Illas Canarias).
Comenzaba o primeiro tramo e Mario perdía cinco segundos con respecto o primeiro clasificado que era o valenciano Ignacio Valverde. No segundo tramo recuperaba dous segundos e quedaba a tres do líder. No terceiro perdía dous mais. No cuarto tramo roubaballe un segundo máis e facíanos soñar co ouro o estar separados por tan só tres segundos e con Mario en plena recuperación co que chegabamos o quinto e derradeiro tramo que ía dictar sentencia e aquí o cronómetro decantábase polo valenciano que lle sacaba dez segundos de "ouro" polo que por unha diferencia de 14.241 Mario remataba no segundo posto e traía para O Rosal esa "relucinte" e merecida Medalla de Prata.
Parabéns a Mario, Zaida, Diego, Saray, Lucas polos seus éxitos colleitados sen esquecernos do resto dos seus compañeir@s que sempre loitan por defender as cores do Club Ciclista O Rosal.
FOTOS DA FIN DE SEMANA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario