Sin apenas descanso despois da axetreada tarde do sabado na Praza do Calvario, onte voltamos de novo a competir, desta vez foi no IV Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo).
Como de costume @s nos@s ximcaneir@s non faltaron a súa cita co podio e Saray Coimbra subía o máis alto o facerse coa vitória de Promesa feminino seguida de Lucía González no 5º. Un peldaño máis abaixo quedaba o irmán Saray, Diego que en masculino era segundo. Un chisquiño por detrás quedaban Mateo Rodríguez no 6º posto, Iker González no 7º, Edgar Alonso 9º e Alan Alonso 13º.
En Principiantes era Roi Alvarez o que repetía a vitória do sábado e voltaba a ser o máis rápido para levarse o primeiro posto.
En Alevíns de novo foi Pablo Rodríguez o que subía o terceiro posto nunha moi boa carreira mentras que a fémina Irene Rodríguez era 7ª.
Qudanos as categorías de Infantíl e Cadete cun representante en cada unha delas e Iker Rodrígues era 15º na primeira e Javi Sanz 23º na segunda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario