Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 16 de junio de 2019
XIV TROFEO MONTES DO ROSAL CON PODIOS DE SARAY, LUCAS E ROI
Gran tarde de ciclismo a vivida onte na Praza do Calvario e os seus arredores co gallo do XIV Trofeo Montes do Rosal que como tódolos anos organiza o Club Ciclista O Rosal.
Comenzaon a competir as categorías de ximcana e en Promesas Diego Coimbra acadaba o 5º posto seguido de Iker González no 6 e os irmáns Rodríguez Souto nos postos 7º e 16º para Mateo e Marco respectivamente, suliñando que para éste último supoñía o seu estreo na competición. En feminino era Saray Coimbra a que nos daba o primeiro podio da xornada o facerse co segundo posto mentras que Lucía González era 7ª.
En Principiantes chegaban os outros dous podios da man de Roi Alvarez que era 1º e Lucas Alvarez que era segundo mentras que Aitor Rodríguez cometía tres erros que o facían baixar ata a 12º posición.
En Alevíns Irene Rodríguez agasallábanos co 5º posto mentras que en masculino destacamos a gran carreira dos nosos representantes xa que os tres cruzaron a liña de meta entre os sete primeiros, pois Pablo Rodríguez era 4º, Unai Fernández 5º e Diego Adrover 7º.
Pasamos a categoría de Infantís donde o noso Iker Rodríguez non lle saía a carreira que él agardaba e remataba 22º.
Outro tanto lle acontecía a Javi Sanz que en Cadetes realizaba unha gran carreira pelexando polas primeiras posicións durante toda a proba e que na anteúltima volta pasaba en terceira posición, o final tiña que conformarse co 18º posto na clasificación.
Remataba a categoría Junior e aquí tíñamos a Irea Villa que remataba cuarta mentras que Iago Alvarez era 19º en masculino.
Nesta carreira de Junior tamén se decidía o campión da Copa Galicia que foi para Marco António Marques do Tensai (Viana do Castelo) acompañado por Manuel Sampedro (C.C. Cambre) e por Renán Cuadri Tensai (Viana do Castelo).
E para rematar, non nos canasaremos de agradecer a tódolos que colaboraron na celebración desta nova festa do ciclismo no Rosal como son as firmas comercias da vila, voluntarios que axudaron a Organización, Protección Civil do Rosal, Policía Local, Comunidade de Montes de Santa Mariña e o Concello de O Rosal, xa que co apoio todos eles, fai que todo isto sexa posible.
FOTOS DA CARREIRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario