Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 16 de octubre de 2022

CUARTO POSTO DE ARANTXA GÓMEZ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ENDURO

 

Imos comenzar coa nosa cadete Arantxa Gómez que no xoves partía cara a La Adrada (Ávila) para participar nos Campionatos de España de Enduro e nos que a piques estivo de subir o podio, pois remataba na cuarta posición a escasa distancia da Medalla de Bronce. Parabéns Arantxa!!!!.

Continuamos entón coa modalidade de Ciclocross que entre onte e hoxe na comarca do Salnés completaba as cinco carreiras de categoría internacional que nas últimas datas se viñeron disputando en Galicia.

 No día de onte era a volta do CICLOCROSS INTERNACIONAL CONCELLO DE RIBADUMIA, no que o Unai Fernández nos mostrou que se vai aclimatando a esta modalidade do ciclismo o rematar na 15ª posición da categoría Cadete.

Pola súa parte Xoel Villa tomaba a saída na categoría elite na que remataba no 42º lugar.

Remataba a categría Máster 40 donde a fémina Ana Amaro remataba nuha estupenda cuarta posición, mentras que en masculino Oscar trigo sofría unha avería que lle impedía loitar por postos altos da clasificación e tiña que conformarse co 46º posto, mentras que Feli Cedeira era 49º e Borja Rodríguez 51º.

En canto o día de hoxe en Sanxenxo tocaba o III CICLOCROSS INTERNACIONAL CON DA ROMAÍÑA con Unai de novo na loita da categoría Cadete acadando o 14º posto mentras que os Máster 40 remataban con Oscar 32º e Borja 38º

FOTOS DE RIBADUMIA

FOTOS LA ADRADA

miércoles, 12 de octubre de 2022

CICLOCROSS INTERNACIONAL LAGO DE AS PONTES

 Cartel Prueba

Terceira xornada de ciclocross en Galicia co CICLOCROSS INTERNACIONAL LAGO DE AS PONTES a donde o noso clube desparazaba a cinco ciclistas.

Nos Master 40, os nosos representantes vanse afianzando e collendo experiencia como Borja Rodríguez que classificaba no 49º posto, seguido por Oscar Trigo no 53º e Feli Cedeira no 54º.

Remataba a categoría Cadete donde a nosa fémina Irene Rodríguez facía 13ª mentras que en masculino a sorpresa era Unai Fernández que mostrou unha grande progresión na súa segunda carreira o rematar tamén na 13ª posición.

lunes, 10 de octubre de 2022

COMENZOU O ESPECTÁCULO DO CICLOCROSS EN GALICIA

 


A primeira gran cita do ciclocross en Galicia deuse no sábado na Illa das Esculturas  co Gran Prémio Cidade de Pontevedra, proba internacional C1 e puntuable para a Copa de España.

O noso clube presentaba unha participación casi inédita: Debut de Unai Fernández en Cadete, Ana Amaro, Feli Cadeira e Borja Rodríguez en Máster 40 e o retorno do Élite Xoel Villa xunto con Irene Rodríguez e Oscar Trigo.

En Cadete o debutante Unai Fernández acadaba unha meritotia 38ª posición mentras que a "veterana" Irene Rodríguez facía se situaba entre as millores a nivel nacional o rematar no 13º posto de féminas.

Na categoría Elite era Xoel Villa que despois dun ano de pausa, voltaba a competir para rematar no 54º lugar da clasificación.

En Master 40 volta a competición da histórica do C. C. O Rosal Ana Amaro Mariño que nos seus tempos de Cadete se proclamara Campiona de Galicia, no día do sábado remataba 11ª entre as féminas. En masculino  o millor "rosaleiro" era Oscar Trigo co 75º posto, suguido por Feli Cadeira no 91º e Borja Rodríguez no 97º.

No día de onte domingo en Marín, de novo proba de categoría Internacional C2 con Irene na 8ª posición de Cadete féminas, Xoel Villa  21º en Elite e Oscar Trigo 38º, Feli Cedeira 49º e Broja Rodríguez 53º en Master 40.

Aquí en Marín o noso Presidente Alberto Rodríguez aprobeitou a ocasión para entrevistarse co Campión de España Elite que non é outro que o valenciano Felipe Orts e agasallalo cunha botella de Terras Gauda.

FOTOS DE PONTEVEDRA

FOTOS DE MARÍN


domingo, 25 de septiembre de 2022

PECHE DE TEMPADA DE MINI BTT E ESTRADA

 

O día de onte sábado e hoxe domingo supoñían o peche de tempada para as modalidades de Mini BTT e Estrada en Zamáns e Lugo respectivamente.

No I Mini BTT Montes de Zamáns Rosalía González facíase coa 5ª posición da táboa clasificatoria da categoría Benxamín feminino mentras que seu irmán Lucas era 14º en masculino seguido de Aitor Castro no 20º.

En Promesa, 7º para Iván Lázaro, 22º para Simón Amaro e 24º para Hugo Torres, mentras que Lucía González era 5ª en féminas.

En Principiante 15º posto de Lucas Amaro e 16º de Mateo Rodríguez. Remataban Xoel González e Aitor Gil como 7º e 12º clasificados en Alevín.

Pasamos a Betanzos donde se disputaban os Campionatos de Galicia en Estrada para a categoría de Cadetes donde a nosa representación que estaba composta por catro integrantes quedaba con Iker Rodríguez na 7ª posición, Manuel Dominguez 35º e Miguel Teniente 36º mentras que a fémina Irene Rodríguez era 5ª.

Rematabamos a tempada 2022 coa disputa do XXI G.P. CICLISTA SAN FROILÁN (LUGO) con Iker González 4º en Principiantes; Unai Fernández e Roi alvarez 7º e 11º en Infantil; Iker Rodríguez 5º e Miguel Teniente 16º en Cadete e Irene Rodríguez 7º en Cadete féminas.

Con tan só dúas semanas de descanso comenzamos de novo a competir, desta volta na tempada de Ciclocross 2022-2023.

FOTOS DE ZAMÁNS

 

domingo, 18 de septiembre de 2022

MINI BTT EN SANTIAGO E DESCENSO EN VILABOA

 


Dous desprazamentos na mañá de hoxe, o Mini Btt Cidade de Santiago e o Descenso de Vilaboa.

En Santiago Aitor Castro facía 21º e Aarón del Río 22º en Benxamín, mentras que en Promesa o 18º posto era para Roi Fernández e o 23º para Simón Amaro. En feminino Lucía González era 4ª e Itzel del Rio 5ª.

En Pricipiante A, Mateo Rodríguez acadaba o 20º posto mentras que en B Lucas Amaro tamén facía 20º. Pola súa parte a fémina Antía Fernández era 14ª.

En Alevín, 8º posto de Xoel González e 16º e 28º para Unai Fernández e Roi Alvarez na categoría Infantil.

No Descenso de Vilaboa a Cadete Arantxa Gómez subía de novo o podio co 2º lugar do mesmo, o que lle valía para proclamarse Subcampiona da Copa Galicia mentras que Diego Adrover era 11 en masculino.

FOTOS DE SANTIAGO

FOTOS DE VILABOA


lunes, 12 de septiembre de 2022

FIN DE SEMANA CON PODIOS EN PORRIÑO, PONTEAREAS E MURAS

 











Outra longa fin de semana e outra longa lista de podios que se acadaron o venres na Nocturna de Porriño e no domingo en Ponteareas e Muras.

En Porriño as 17:00 daba comenzo a tradicional Nocturna que se prolongaba ta pasadas as 23:00 horas comenzando coas categorías máis cativas, donde Lucía González voltaba o mais alto do podio o acadar o primeiro posto en Promesa feminino, seguida por Luna Martín 4º e Rosalía González 5ª. En masculino o millor clasificado era Roi Fernández co 10º posto, acompañado de Simón Amaro 14º, Hugo Torres 15º e Lucas González 17º.

En Principiantes nova vitória de Iker González, 14º para Lucas Amaro e 15º para Tiago Cedeira, mentras que en feminino Antía Fernández tiña que conformarse coa 5ª posición.

En Alevín o noso representante Aitor Rodríguez acadaba o 6º posto mentras que Saray Coimbra era 7ª en feminino.

Outro dos podios da xornada era para Unai Fernández que en Infantil acadaba o 3º posto mentras que Roi Alvarez era 7º.

O derradeiro dos podios chegaba de parte de Irene Rodríguez que se facía co 3º posto de Cadete féminas seguida por Arantxa Gómez no 6º. En masculino Iker Rodríguez era o acreedor do 4º posto, Miguel Teniente do 27º e Manuel Domínguez do 28º.

Pechaba a nosa participación o debutante Oscar Trigo que na categoría Master 40 colleitaba o 11º posto.

Na xornada do domingo en Ponteareas, estes eran os resultados:

PROMESA MASCULINO: Iván Lázaro 10º, Roi Alvarez 14º e Simón Amaro 19º.

PROMESA FEMININO: Lucía González 2ª e Luna Martín 5ª.

PRINCIPIANTE MASCULINO: Iker González 1º, Tiago Cedeira 14º, Lucas Anaro 16º e Marco Rodríguez 18º.

PRINCIPIANTE MASCULINO: Antía Fernández 2ª.

ALEVÍN MASCULINO: 11º.

ALEVÍN FEMININO: Saray Coimbra 6ª

INFANTIL: Unai Fernández 3º e Roi Alvarez 6º.

CADETE MASCULINO: Iker Rodríguez 7º e Manuel Domínguez 21º.

CADETE FEMININO: Irene Rodríguez 3ª.

Pechamos esta crónica co Mini BTT de Muras cos seguintes resultados:

BENXAMÍN FEMININO: Zoe del Río 2ª.

BENXAMÍN MASCULINO: Aarón del Río 11º.

PROMESA FEMININO: Itzel del Río 3ª.

ALEVÍN MASCULINO: Xoel gonzález 5º.

FOTOS DE PORRIÑO

FOTOS DE PONTEAREAS

FOTOS DE MURAS

lunes, 5 de septiembre de 2022

XXI MINI BTT CONCELLO DE CAMBRE


 

Como sempre hay "fame de ciclismo", cinco"rosaleir@s" viaxaron ata Cambre para tomar a saída no Mini Btt desta localidade coruñesa.

En categoría Promesa, Simón Amaro acadaba o 14º posto e Roi Fernández o 15º. 

En Principiante a nosa fémina Antía Fernández facíase co 12 lugar da clasificación mentras que o 11º era para Lucas Amaro en masculino.

Pechaba Xoel González na categoría Alevín co noveno posto.

FOTOS

domingo, 28 de agosto de 2022

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZOU O XXX TROFEO PISTA DE AS FAIAS


 De novo o Club Ciclista O Rosal e como sempre coa colaboración do Concello e as facilidades da Comunidade de Montes de Tabagón, organizamos no día de onte sábado o XXX Trofeo Pista de As Faias e de novo con grandes resultados para a nosa representación.

Nas dúas categorías inferiores de Promesa e Principiante, e despóis das dúas probas combinadas de ruta e xincana, éstes eran os resultados:

En Promesa feminino, a vitória era para Lucía González, e outro merecido segundo posto de Itzel del Río, o cuarto de súa irmá Zoe, o sexto de Luna Martín e o sétimo de Rosalía González. En masculino 7º posto para Roi Fernández, 8º de Iván Lázaro, 10º de Simón Amaro, 14º Lucas González, 17º Aarón del Río, 21º Aitor Castro e 22º Hugo Torres.

En Principiante feminino quién subía o máis alto do podio era Antía Fernández, posto que en masculino tamén acadaba Iker González con outra nova vitória, seguido de Lucas Amaro 5º, Mateo Rodríguez 7º, o seu irmán Marco 9º e o 13º para Tiago Cedeira.

En Alevín temos que destacar os nosos dous representantes, por un lado Aitor Rodríguez que foi o autor dunha escapada en solitario dende a primeira volta para logo poder administrar a vantaxe acadada e  cruzar a liña de meta no que significaba a súa primeira vitória da categoría. A outra sorpresa positiva era Xoel González, habitual do Mini Btt e que nesta proba de ruta acadaba un grandísimo 5º posto. En feminino a Saray Coimbra se lle escapaba o podio por un posto o rematar na cuarta posición.

A modalidade de eliminación “Americana” foi a elixida pola organización do C.C. O Rosal para a disputa da categoría Infantil masculina na que Unai Fernández remataba no podio, concretamente co terceiro posto e Roi Alvarez no 7º.

En Cadete disputaronse dúas mangas, a primeira en ruta e a segunda tamén por eliminación e na suma das dúas o rosaleiro millor clasificado era Iker Rodríguez co 4º posto, e logo con Miguel Teniente 15º, Diego Adrover 19º e Manuel Domínguez 21º. E non podemos pechar a crónica deste XXX Trofeo sen mencionar as nosas cadetes no que realizaron unha gran carreira, pois Irene Rodríguez remataba de novo no podio o acadar a segunda praza do mesmo e Arantxa Gómez era a acreedora do quinto posto.

Xa na mañá de hoxe unha pequeña representación desprazábase ata Carballiño para a disputar o V Mini Btt deste concello.

Marco Rodríguez facíase co 22º posto en Principiante, Xoel González 8º en Alevín e Unai Fernández 23º e Roi Álvarez 33º en Infantil.

FOTOS DE O ROSAL

FOTOS DE CARBALLIÑO

domingo, 21 de agosto de 2022

OITO NOVOS PODIOS EN VIGO CON TRIPLETE DAS NOSAS PROMESAS


 

Como tódolos anos, dobre xornada  do Gran Prémio Cidade de Vigo que este ano cumpría a súa 48ª edición no circuito de Navia.

Comenzabamos na tarde de onte coas categorías de Promesa e Principiante coa mistura de xincana e estrada, donde a nosa representación deixaba a súa pegada, pois na categoría Promesa feminino as “rosaleiras” coparon o podio nos tres caixóns con Itzel del Río 1ª, Lucía González 2ª e Alba Rascado 3ª, seguidas por Zoe del Río 7ª e Luna Martín 9ª. En masculino Iván Lázaro 7º, Roi Fernández 9º, Simón Amaro 17º, Aarón del Rio 19, Hugo Torres 22º e Aitor Castro 23º.

En Principiante primeiro posto para Iker González que mediada a tempada lle colleu o “tranquillo” e estáse a facer un habitual do podio. Os seus compañeiros de categoría quedaban con Marco Rodríguez 8º, Tiago Cedeira 13º e Lucas Amaro 14º. Pola súa banda Antía Fernández tamén está a facer moi bos resultados e onte non ía ser menos , acadando o terceiro lugar do podio.

En Alevín o 18º posto era para Aitor Rodríguez mentras que en féminas era Saray Coimbra a que se levaba o 7º.

En Infantil, gran carreira dos nosos con Roi Alvarez e Unai Fernández que durante toda a competición lideraron o grupo perseguidor do escapado Rodrigo García (A.D. Avanza). Ese traballo o final tería a súa recompensa en forma de podio para Roi co terceiro posto seguido de Unai no cuarto.

De seguido era a volta das categorías Cadete donde temos que suliñar o novo podio de Iker Rodríguez en forma de terceiro posto, seguido por Diego Adrover no 14º, Miguel Teniente no 20º e Manuel Domínguez no 23º.  En féminasboa carreira de Irene Rodríguez que remataba no 6º lugar.

Xa na mañá de hoxeeran os cadetes os que voltaban a montarse na bici para a Cronoescalada o Monte Castro con Iker que voltaba o podio de novo co terceiro posto, Diego 18º, Manuel 20º e Miguel 23º mentras que Irene se lle escapaba o podio por apenas cinco segundos e facía cuarta.

FOTOS DA CARREIRA