Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 25 de septiembre de 2010

I Trofeo Concello de Tui de MiniBTT

Irea segunda e Claudia terceira no Ranking Galego de MiniBTT
Hoxe sábado subíamos até o Parque Natural do Monte Aloia donde se disputaba o I Trofeo Concello de Tui de MiniBTT, proba que poñía o peche a tempada de Mini BTT.
Na categoría Pre Benxamín Iago Alvarez terminaba 4º na primeira manga e quinto na segunda co que acadaba o 5º posto final. Pola sua banda Irea Villa nunha mala xornada era 6ª na primeira manga e 5ª na segunda o que lle valía a 6ª plaza final.
En categoría Alevín contábamos coa presenza das irmás Portela con Claudia 4ª i Elsa 5ª na primeira manga e 3ª e 5ª na segunda respectivamente o que lle valía a Claudia para acceder o 3º posto do "caixón" e 5º para Elsa.
Esta carreira de Tui significaba o fin da tempada polo que o Ranking Galego pechábase con bós resultados finais xa que en Pre Benxamín Irea con 1060 puntos acadaba un estupendo 2º posto en feminino e Iago o 5º en masculino con 855 puntos.
Claudia tamén acadaba posto de honor o acabar 3ª con 330 puntos i Elsa 5ª con 265 puntos en Alevín feminino.
Fotos da carreira

1 comentario:

  1. ---Bien Claudia, constancia y a luchar por el 1ªque llegará pronto Un Abrazote...Arturo Portela (Minguillo)

    ResponderEliminar