Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

viernes, 10 de septiembre de 2010

XVII T. DE CICLISMO VIRXE DO PORTO (MARIN)

Tarde pasada por auga a do pasado mercores en Marín, que non impediu o triunfo de Toni Porlela.
Comenzando polo inicio, inauguraban a competición os Benxamíns que tiveron a proba suspendida durante uns minutos por mor da intensa choiva que caía en Marín. Pois ainda así nunha pista moi delicada polo escorregadizo do pavimento, Mario conseguía facerse co segundo lugar do Pódio. Iago Alvarez acadaba un meritório 5º posto e Irea era 22ª.
En Alevíns Xoel era 15º, Ero Sobrino 20º despois dun inoportuno pinchazo na derradeira volta cando marchaba no grupo que comandaba a carreira; Zaida entraba 21ª, Elsa 24ª e Claudia 25ª.
Despois tocaballe o turno os Infantís e Andrés xa na primeira volta tamén era vítima doutro pinchazo que lle obrigou o abandono da carreira, pola sua parte Raúl era 6º e Cristóbal 13º.
O fin da tarde chegaba a categoría de Cadetes que tamén puntuaba para a Copa Deputación e os nosos que viñan coa moral moi alta despois do éxito acadado en Portugal, realizaron unha carreira moi intelixente con continuos ataques o pelotón. O primeiro en saltar do grupo foi Manuel que comandou a carreira durante tres voltas e o ser alcanzado polo grupo, sería o turno de Alex que tamén se escapou un par de voltas, logo sería Iván o que comandara a carreira outro par de voltas e por fin era a volta de Toni que en compañía de Daniel López do Cambre-Caeiro saltaban do grupo para xa non ser alcanzados, realizando as derradeiras doce voltas escapados. O fin sería Toni o que se alzase coa vitória da carreira facendose ademais co "maillot branco" de líder de Cadetes de primeiro ano e co "millot amarelo" de líder da Xeral da Copa Deputación. Manuel era adiantado na mesma liña de meta por Jesús Blanco (Padronés-Aluminios Cortizo), tendo que conformarse co 4º posto; Alex 6º, Kevin 8º, Iván 14º, Pablo 18º e Adrián Dorna 22º completaron a clasificación.
Fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario