Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 19 de septiembre de 2010

Toni Portela Subcampión de España!!!!!!

Raúl de cheo na competición

Onte sabado comenzaban os Campionatos de España Infantil e Cadete e Toni voltaba a darnos outra alegría cando na compaña de Daniel López (C.C.Cambre), Anxo Lorenzo e Jesús Blanco (anbolosdous do C.C.Padronés) e formando parte da Selección Galega Cadete acadaban o 2º posto da clasificación a tan só tres segundos do primeiro posto na contrarreloxo por equipos. A continuación voltaban a competir noutra contrarreloxo pero desta volta Individual e as cousas non foron tan ben xa que os representantes galegos David Seage e Roberto Mediero non conseguian subir o pódio ainda que acadaron unhas destacadas 6ª e 13ª posicións respectivamente.
En Féminas o C.C. O Rosal non aportaba ningunha participante pero as rapazas que representaron a Galicia tamén acadaron o éxito o subir o 3º posto do "caixón" en Contrarreloxo por Equipos e en Individual Tania Villasuso tamén quedaba terceira.
Na xornada de hoxe domingo disputabanse as Carreiras en Liña e comenzaban o Infantís co noso Raúl Fernández formando parte da Selección Galega e sobre un percorrido de 16,7 km. Raúl acadaba o posto 41º.
En Cadetes sobre unha distancia de 60,3 km. Toni acadaba o posto 31º co mesmo tempo que o gañador.
Sen dúbida unha experiencia inolvidable para os nosos ciclistas. Felicitacións do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores.
Fotos cedidas por Raúl

No hay comentarios:

Publicar un comentario