Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 25 de septiembre de 2010

Vitórias de Raúl e Manuel González

Outra dobre xornada de ciclismo, despois do MiniBTT do Monte Aloia pola mañán, pola tarde desprazabamonos até Ponteareas para a disputa do Trofeo Festas de Setembro con Pódios para os habituais irmáns Fernández Lorenzo e para Manuel González.
Como é habitual comenzaba a competición a categoría Benxamín e fiel a sua cita co "caixón", Mario non defraudaba os seus seguidores e acadaba o 2º posto, os seus compañeiros David e Marcos finalizaban 28º e 48º respectivamente.
En Alevíns a mala sorte cebábase de novo con Ero que era vítima dunha caída nos primeiros cincocentos metros o que o obrigaba o abandono. Xoel finalizaba no posto 17º, Zaida era 25ª e Manuel Dorna 28º.
O Infantíl Raúl despois da sua participación nos Campionatos de España quería demostrar de novo o seu poderío e vencía unha carreira moi disputada e decidida o Sprint con Xoel Dias (C.C. Vigués). Andrés a piques estivo de subir tamén o pódio tendo que conformarse finalmente co 4º posto; Cristóbal pola súa banda terminaba 12º.
Outro que se reencontraba coa vitória era o sempre combativo Manuel González que saltaba do pelotón a falta de sete kilómetros para o final e chegaba en solitario a meta con quince segundos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores. Toni Portela (flamante Subcampión de España coa Selección Galega) terminaba 6º, Alex Lomba 15º, Kevin Rodríguez 19º, Pablo Cividanes 22º e Adrián Dorna 24º pechaban a clasificación.
Fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario