Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 18 de septiembre de 2010

XXXIII TROFEO FESTAS DO SANTÍSIMO CRISTO

Podio para Alex Lomba en Porriño.
Comenzaba a competición a categoría Benxamín e a falta de Mario que se atopa en Santoña para animar o seu irmán Raúl nos Campionatos de España, a millor clasificada era Irea Villa co posto 11º seguida moi de preto por David Rodríguez no 15º e Alberto García no 44º.
Os Alevíns tiveron unha actuación na sua línea habitual o ser Manuel Dorna o 12º clasificado, Xoel Villa 15º, Ero Sobrino 16º, Zaida González 21ª, Cludia Portela 30ª i Elsa Portela 34ª.
En Infantís coa xa mencionada ausencia de Raúl era Andrés Fernández quen tomaba o liderato da carreira na que estivo cinco voltas escapado para ser engulido polo pelotón a falta de duas voltas e terminar 8º. Pola soa parte Cristóbal sofría unha caida na segunda volta o que lle impediu ir mais aló do 28º posto.
E para finalizar chegaba o pódio de Alex en Cadetes que despois de estar fugado durante quince voltas en compañia do corredor portugués do Tensai, Luís Carvalho, era éste último o que o final se impoñía tendo que conformarse Alex co 2º posto. Manuel González era 7º, Iván Morais 11º, Kevin Rodríguez 12º, Pablo Cividanes 22º e Adrián Dorna 31º. Antonio Portela non participou xa que se atopa con Raúl en Santoña disputando os Campionatos de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario