Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 11 de septiembre de 2010

VI TROFEO CONCELLO DE CANGAS

Este sábado era o turno do Club Ciclista Cangas que organizaba o VI Trofeo Concello de Cangas e puntuable para a Copa Deputación Cadete.
Desta volta na categoría Benxamín non tivemos pódio xa que o inquilino habitual, Mario Fernández cometía un erro na proba de ximcana que o retrasaba até o 6º posto, logo Iago Alvarez sería 9º, Marcos Vasconcellos 39º e David Rodríguez 40º.
Os Alevíns estiveron no seu nivel habitual con Xoel Villa 13º, Ero Sobrino 15º, Manuel Dorna 20º, Zaida González 21ª, Claudia Portela 34ª i Elsa Portela 35ª.
O Infantil Raúl Fernández voltaba o Pódio co 3º posto seguido de Andrés Fernández 5º e Cristóbal Coimbra 14º.
En Cadetes Toni Portela acadaba o 3º posto da carreira, Manuel González 6º, Iván Morais 12º e Alex Lomba 18º.
Polo que respecta a Copa Deputación Toni perdía o "maillot amarelo" conquistado o mercores pasado en Marín pero o terceiro posto de hoxe permitíalle consevar e traer para O Rosal o "maillot branco" que o acreditaba como gañador de Cadetes de primeiro ano e de paso tamén o 2º posto da xeral final. Pola sua banda Manuel co 4º posto de Marín e o 6º de hoxe tamén subía o Pódio o facerse co 3º posto da clasificación final. Pódio tamén por equipos o acadar o 2º posto final.
Fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario