Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

viernes, 31 de agosto de 2012

1ª ETAPA DA VOLTA A PORTUGAL JUNIOR

DURÍSIMA!!!!!. Así é como califican os nosos tres representantes (Alex, Manu e Toñi) a primeira etapa de hoxe de 116 Kms. da volta a Portugal que na compaña de catro ciclistas do C.C. Ponteareas ( Samuel, Kevin, Javier e David) forman o equipo que compite nesta volta.
Comenzóu a etapa con algunhas escaramuzas e tentativas de escapada para que no paso pola localidade de Sabugal o pontearean Samuel pasase nun grupo de cinco escapados cunha vantaxe de 2'20" mentras que nos primeiros Kms. Toñi sofría un pinchazo, Manu rompía un radio dunha roda e Alex sofría un problema técnico cunha zapatilla o que lle impedía pedalear con soltura.
Ante éstes percances na subida o porto de montaña, Manuel e máis tarde Alex quedábanse un chisco retrasados con Toñi aguantando no pelotón.
Xa na coronación do porto o corredor galego do C.C. Spol, Javier Rodríguez saltaba do grupo de escapado no que figuraba Samuel e que lle valía para facerse coa etapa e enfundarse o Maillot de Líder.
Samuel pola súa banda entraba 9º, Toñi era o terceiro galego en entrar na Meta e 22º na Xeral, Kevin entraba 46º, Alex 72º, David 78º, Manu 81º e Javier 82º.   
Mañán 2ª etapa entre Constância E Alcobaça con 111,5 Kms.
Fotos da 1ª etapa

No hay comentarios:

Publicar un comentario