Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de diciembre de 2013

RAÚL É O NOVO CAMPIÓN DE GALICIA DE CICLOCRÓSS JÚNIOR 2013-14 SUCEDENDO A ANTONIO PORTELA

Nos tres derradeiros anos os Campionatos de Ciclocróss Galego da categoría Júnior falan en "rosaleiro", pois se na tempada 2011-12 o Campión Galego era Manuel González e na tempada 2012-13 o sucedía Toñi Portela, neste ano o título continuaba en O Rosal con Raúl Fernández que honraba os seus compañeiros que o antecedían no título nos derradeiros anos.
Como ven sendo habitual e despois de gañar tódalas carreiras do Calendario Galego, Raúl saía como "un tiro" e non daba opcións os seus rivais, aumentando a diferencia conforme ía avanzando a carreira para o final atravesar a liña de meta en primeiro lugar por diante do espléndido Samuel González (C.C. Salvaterra) e de Raúl González (C.C. Maceda).
En Cadetes temos que suliñar a gran carreira de Xoel Villa que nunha loita constante cos seus rivaias acadaba unha fermosa oitava posición mentras que o seu compañeiro Ero Sobrino remataba 11º.
En Cadete Feminino Zaida González que por momentos loitaba pola Medalla de Bronce, o fin cedía terreo para rematar na 5ª posición.
Tamén queremos destacar a categoría de Promoción na que Iago alvarez se levaba a Medalla de Bronce despois de superar o seu compañeiro Mario Fernández que cando marchaba en terceira posición sofría unha avaría mecánica que o relegaba o 4º posto.

domingo, 22 de diciembre de 2013

RAUL SUMA OUTRA VITORIA

Hoxe pola mañán en Porriño nova carreira de Ciclocróss e nova vitória de Raúl Fernández que como xa fixera no día de onte en Marín, dende o comenzo da carreira deixaba atrás os seus rivais para anotarse unha nova vitória na categoría Junior.
Os Cadetes continúan na sua liña e Xoel Villa remataba 11º mentras que Ero Sobrino facía 12º.
En Féminas Cadetes, Zaida González hoxe debeu de levantarse co pé esquerdo xa que colleitou un total de tres averías mecánicas que a relegaron ata o 4º posto da clasificación.
O vindeiro domingo disputase en Dumbría o Campionato Galego de Ciclocróss donde Raúl parte como o gran favorito na categoría Júnior sempre que as averías mecánicas o respeten.
Fotos da carreira.

sábado, 21 de diciembre de 2013

RAÚL REGRESA O CALENDARIO GALEGO POLA PORTA GRANDE


Na tarde de hoxe disputóuse o CICLOCRÓSS RÍA DE MARÍN donde os nosos acadaban dous novos Pódios.
O Club Ciclista Marín promovía a categoría de Promoción para Infantiles e María Correa na sua primeira experiencia no Ciclocróss empregabase a fondo para traer para a nosa terra o trofeo de terceira clasificada en Féminas mentras que en Masculino era Mario Fernández o que nos representaba acadando un meritório 7º posto.
Pola sua banda os Cadetes tamén tiñan unha destacada actuación pois Xoel Villa remataba 10º i Ero Sobrino 11º mentras que en Feminino Zaida González se facía co 5º posto.
Na categoría Júnior Raúl Fernández voltaba a terras galegas despois do seu periplo por toda España para participar na Copa Federación (Copa de España) na que acadaba un brillante segundo posto na clasificación final. De novo incorporado o calendario galego, no día de hoxe en Marín, Raúl non deu opción de vitória os seus riváis e xa dende a saída colocábase en cabeza aumentando a sua vantaxe conforme iban pasando as voltas o circuito para o final cruzar a liña de meta cos brazos en alto en sinal de vitória.
Mañán pola mañán de novo toca competir, desta volta no 37º Trofeo Vila do Louro en Porriño.
Fotos de Marín

lunes, 16 de diciembre de 2013

GRAN FIN DE SEMANA DE ZAIDA E DE RAÚL



Esta foi unha fin de semana moi intensa en dous extremos da Península Ibérica, pois os Cadetes competían en Maceda e en Portugal mentras que o Júnior Raúl Fernández competía na Comunidade de Valencia.
O sábado en Maceda Zaida realizaba unha gran carreira para acadar o 3º posto que lle valía para levarse a reconpesa do Trofeo que a acreditaba como tal. En canto os seus compañeiros masculinos, Xoel Villa remataba no 9º posto i Ero Sobrino no 12º despois de padecer un pinchazo.
No domingo pola mañán en Paredes disputábase a terceira proba puntuable para a Copa de Portugal e Zaida apuntábase outra nova vitória que lle valia para practicamente sentenciar o título a seu favor, pois tan só lle falta un punto na dúas carreiras que faltan e que se disputarán no vindeiro mes de xaneiro. En Masculino, Ero Sobrino e Xoel Villa remataban nuns óptimos 7º e 8º postos respèctivamente.
Pola súa parte Raúl de xira por terras valencianas no sábado facíase co 3º posto en Almusafes mentras que no domingo disputaba na cidade de Valencia a derradeira proba da Copa Federación (Copa de España) dónde colleitaba outro 2º posto que lle valía para anotarse a fazaña de quedar segundo na clasificación final da Copa.
Fotos de Maceda.
Fotos da Copa de Portugal en Paredes.

domingo, 8 de diciembre de 2013

DOUS NOVOS PODIOS DE RAÚL EN CANTABRIA E NO PAÍS VASCO

Os Cadetes do Club Ciclista O Rosal tiveron no día de hoxe domingo unha mañán das que non se desexan, pois as 10:00 horas disputaban a súa carreira en Mosende (Porriño) cunha temperatura de dous grados baixo cero por mor da xiada e da névoa que en toda a mañán non deixou que o sol aquecese e polo tanto o frío foi intensísimo como se pode apreciar nas fotos, pero aínda así os nosos rapaces votavanlle valor e conseguían acabar a carreira con sintomas de conxelación nas mans e nos pés.
Polo que respecta os resultados, Xoel Villa remataba 11º i Ero Sobrino 12º mentras que Zaida González era 4ª en Féminas.
Por outro lado o Júnior Raúl Fernández no día de onte en Puente Viesgo (Cantabria), acadaba de novo outro segundo posto nesta carreira puntuable para a Copa Federación (Copa de España) e afianzase tamén nese segundo posto da Clasificación Xeral, mentras que o seu irmán Mario remataba 6º na carreira de promoción..
Xa no día de hoxe en Igorre (País Vasco), voltaba a quedar segundo nunha carreira moi dura na que sofréu unha caída e un pinchazo que lle impediron acadar a vitória.
Fotos de Puente Viesgo
Fotos de Igorre
Fotos de Porriño

viernes, 6 de diciembre de 2013

26º TROFEO CONCELLO DE BOIRO DE CICLOCRÓSS

Na mañán de hoxe venres desprazámonos a terras do Barbanza donde os nosos Cadetes disputaban o 26º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocróss cun óptimo resultado para Ero Sobrino que remataba a carreira na 7ª posición mentras que o seu compañeiro Xoel Villa máis retrasado acadaba o 11º posto.
En Féminas Zaida González sofría unha avería mecánica na súa bicicleta e tiña que realizar preto dun kilómetro coa súa "máquina" o lombo, o que a privóu dun resultado millor que o 5º  que acadou o final da proba.
En cuanto o Júnior Raúl Fernández temos que sinalar que se atopa en Puente Viesgo (Cantábria) donde mañán  sábado vai defender o seu liderato no Ranking Nacional de Ciclocróss no XIII Gran Premio Santa Bárbara, para no domingo competir de novo pero desta volta no País Vasco, concretamente en Igorre mentras que os Cadetes competirán en Porriño no XXXVII Trofeo Horacio Barros.
Fotos de Boiro


domingo, 1 de diciembre de 2013

INTENSA FIN DE SEMANA CON DUAS NOVAS VITORIAS DE RAÚL FERNÁNDEZ


Esta foi unha fin de semana con longos desprazamentos pero que sen dúbida pagou a pena  xa que temos que engadir duas novas vitórias de Raúl Fernández na categoría Júnior de Ciclocróss.
Comenzabamos onte sábado coa disputa do I TROFEO CONCELLO DE DUMBRIA DE CICLOCRÓSS e arrincabamos cunha proba de promoción donde Mario Fernández acadaba un prometedor 3º posto.
Continuaban os cadetes, os que se lles vai notando a súa progresión pois Xoel Villa remataba 9º i Ero Sobrino 10º en cuanto que a Fémina Zaida González remataba 5ª.
Remataba a faena Raúl cunha vitória baseada na entratéxia, pois quería reservar o máximo de forzas para o día de hoxe e aínda así vencía de forma autoritaria.
Xa no día de hoxe en Navia (Asturias) coa disputa desta proba puntuable para a Copa Federación (Copa de España), asistíamos a un auténtico recital de Raúl na categoría Júnior que xa na saída escapábase na compaña doutros tres integrantes entre os que se atopaba o seu máximo rival, o madrileño Diego Pablo Sevilla. Segundo iban pasando as voltas éste grupo de catro foise reducindo e Raúl  asestaba o golpe definitivo a carreira para deixar descolgado a Sevilla e coller unha ampla vantaxe para administrala ata o final e desta maneira facerse coa vitória cunha marxe de 27 segundos.
Con éste triunfo Raúl amplía a súa vantaxe no Ranking Nacional de Ciclocróss e reduce a desventaxa na Copa Federación ameazando o liderato que de momento aínda ostenta o madrileño Diego Pablo Sevilla
En canto os Cadetes, Zaida Martínez realizaba unha gran carreira e colleitaba o 6º posto en Feminino mentras que en Masculino Ero Sobrino moi loitador, remataba no 24º posto mentras que Xoel Villa era vítima dunha avaría mecánica que lle impedía loitar por posicións máis altas, tendo que conformarse co 26º posto.
Crónica da Real Federación Española de Ciclismo
Crónica da Federación Asturiana de Ciclismo
Fotos de Dumbría
Fotos de Asturias