Hoxe pola mañán en Porriño nova carreira de Ciclocróss e nova vitória de Raúl Fernández que como xa fixera no día de onte en Marín, dende o comenzo da carreira deixaba atrás os seus rivais para anotarse unha nova vitória na categoría Junior.
Os Cadetes continúan na sua liña e Xoel Villa remataba 11º mentras que Ero Sobrino facía 12º.
En Féminas Cadetes, Zaida González hoxe debeu de levantarse co pé esquerdo xa que colleitou un total de tres averías mecánicas que a relegaron ata o 4º posto da clasificación.
O vindeiro domingo disputase en Dumbría o Campionato Galego de Ciclocróss donde Raúl parte como o gran favorito na categoría Júnior sempre que as averías mecánicas o respeten.
Fotos da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario