Os Cadetes do Club Ciclista O Rosal tiveron no día de hoxe domingo unha mañán das que non se desexan, pois as 10:00 horas disputaban a súa carreira en Mosende (Porriño) cunha temperatura de dous grados baixo cero por mor da xiada e da névoa que en toda a mañán non deixou que o sol aquecese e polo tanto o frío foi intensísimo como se pode apreciar nas fotos, pero aínda así os nosos rapaces votavanlle valor e conseguían acabar a carreira con sintomas de conxelación nas mans e nos pés.
Polo que respecta os resultados, Xoel Villa remataba 11º i Ero Sobrino 12º mentras que Zaida González era 4ª en Féminas.
Por outro lado o Júnior Raúl Fernández no día de onte en Puente Viesgo (Cantabria), acadaba de novo outro segundo posto nesta carreira puntuable para a Copa Federación (Copa de España) e afianzase tamén nese segundo posto da Clasificación Xeral, mentras que o seu irmán Mario remataba 6º na carreira de promoción..
Xa no día de hoxe en Igorre (País Vasco), voltaba a quedar segundo nunha carreira moi dura na que sofréu unha caída e un pinchazo que lle impediron acadar a vitória.
Fotos de Puente Viesgo
Fotos de Igorre
Fotos de Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario