Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

viernes, 6 de diciembre de 2013

26º TROFEO CONCELLO DE BOIRO DE CICLOCRÓSS

Na mañán de hoxe venres desprazámonos a terras do Barbanza donde os nosos Cadetes disputaban o 26º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocróss cun óptimo resultado para Ero Sobrino que remataba a carreira na 7ª posición mentras que o seu compañeiro Xoel Villa máis retrasado acadaba o 11º posto.
En Féminas Zaida González sofría unha avería mecánica na súa bicicleta e tiña que realizar preto dun kilómetro coa súa "máquina" o lombo, o que a privóu dun resultado millor que o 5º  que acadou o final da proba.
En cuanto o Júnior Raúl Fernández temos que sinalar que se atopa en Puente Viesgo (Cantábria) donde mañán  sábado vai defender o seu liderato no Ranking Nacional de Ciclocróss no XIII Gran Premio Santa Bárbara, para no domingo competir de novo pero desta volta no País Vasco, concretamente en Igorre mentras que os Cadetes competirán en Porriño no XXXVII Trofeo Horacio Barros.
Fotos de Boiro


No hay comentarios:

Publicar un comentario