Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 1 de diciembre de 2013
INTENSA FIN DE SEMANA CON DUAS NOVAS VITORIAS DE RAÚL FERNÁNDEZ
Esta foi unha fin de semana con longos desprazamentos pero que sen dúbida pagou a pena xa que temos que engadir duas novas vitórias de Raúl Fernández na categoría Júnior de Ciclocróss.
Comenzabamos onte sábado coa disputa do I TROFEO CONCELLO DE DUMBRIA DE CICLOCRÓSS e arrincabamos cunha proba de promoción donde Mario Fernández acadaba un prometedor 3º posto.
Continuaban os cadetes, os que se lles vai notando a súa progresión pois Xoel Villa remataba 9º i Ero Sobrino 10º en cuanto que a Fémina Zaida González remataba 5ª.
Remataba a faena Raúl cunha vitória baseada na entratéxia, pois quería reservar o máximo de forzas para o día de hoxe e aínda así vencía de forma autoritaria.
Xa no día de hoxe en Navia (Asturias) coa disputa desta proba puntuable para a Copa Federación (Copa de España), asistíamos a un auténtico recital de Raúl na categoría Júnior que xa na saída escapábase na compaña doutros tres integrantes entre os que se atopaba o seu máximo rival, o madrileño Diego Pablo Sevilla. Segundo iban pasando as voltas éste grupo de catro foise reducindo e Raúl asestaba o golpe definitivo a carreira para deixar descolgado a Sevilla e coller unha ampla vantaxe para administrala ata o final e desta maneira facerse coa vitória cunha marxe de 27 segundos.
Con éste triunfo Raúl amplía a súa vantaxe no Ranking Nacional de Ciclocróss e reduce a desventaxa na Copa Federación ameazando o liderato que de momento aínda ostenta o madrileño Diego Pablo Sevilla
En canto os Cadetes, Zaida Martínez realizaba unha gran carreira e colleitaba o 6º posto en Feminino mentras que en Masculino Ero Sobrino moi loitador, remataba no 24º posto mentras que Xoel Villa era vítima dunha avaría mecánica que lle impedía loitar por posicións máis altas, tendo que conformarse co 26º posto.
Crónica da Real Federación Española de Ciclismo
Crónica da Federación Asturiana de Ciclismo
Fotos de Dumbría
Fotos de Asturias
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario