Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de diciembre de 2013

RAÚL É O NOVO CAMPIÓN DE GALICIA DE CICLOCRÓSS JÚNIOR 2013-14 SUCEDENDO A ANTONIO PORTELA

Nos tres derradeiros anos os Campionatos de Ciclocróss Galego da categoría Júnior falan en "rosaleiro", pois se na tempada 2011-12 o Campión Galego era Manuel González e na tempada 2012-13 o sucedía Toñi Portela, neste ano o título continuaba en O Rosal con Raúl Fernández que honraba os seus compañeiros que o antecedían no título nos derradeiros anos.
Como ven sendo habitual e despois de gañar tódalas carreiras do Calendario Galego, Raúl saía como "un tiro" e non daba opcións os seus rivais, aumentando a diferencia conforme ía avanzando a carreira para o final atravesar a liña de meta en primeiro lugar por diante do espléndido Samuel González (C.C. Salvaterra) e de Raúl González (C.C. Maceda).
En Cadetes temos que suliñar a gran carreira de Xoel Villa que nunha loita constante cos seus rivaias acadaba unha fermosa oitava posición mentras que o seu compañeiro Ero Sobrino remataba 11º.
En Cadete Feminino Zaida González que por momentos loitaba pola Medalla de Bronce, o fin cedía terreo para rematar na 5ª posición.
Tamén queremos destacar a categoría de Promoción na que Iago alvarez se levaba a Medalla de Bronce despois de superar o seu compañeiro Mario Fernández que cando marchaba en terceira posición sofría unha avaría mecánica que o relegaba o 4º posto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario