Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 21 de diciembre de 2013

RAÚL REGRESA O CALENDARIO GALEGO POLA PORTA GRANDE


Na tarde de hoxe disputóuse o CICLOCRÓSS RÍA DE MARÍN donde os nosos acadaban dous novos Pódios.
O Club Ciclista Marín promovía a categoría de Promoción para Infantiles e María Correa na sua primeira experiencia no Ciclocróss empregabase a fondo para traer para a nosa terra o trofeo de terceira clasificada en Féminas mentras que en Masculino era Mario Fernández o que nos representaba acadando un meritório 7º posto.
Pola sua banda os Cadetes tamén tiñan unha destacada actuación pois Xoel Villa remataba 10º i Ero Sobrino 11º mentras que en Feminino Zaida González se facía co 5º posto.
Na categoría Júnior Raúl Fernández voltaba a terras galegas despois do seu periplo por toda España para participar na Copa Federación (Copa de España) na que acadaba un brillante segundo posto na clasificación final. De novo incorporado o calendario galego, no día de hoxe en Marín, Raúl non deu opción de vitória os seus riváis e xa dende a saída colocábase en cabeza aumentando a sua vantaxe conforme iban pasando as voltas o circuito para o final cruzar a liña de meta cos brazos en alto en sinal de vitória.
Mañán pola mañán de novo toca competir, desta volta no 37º Trofeo Vila do Louro en Porriño.
Fotos de Marín

No hay comentarios:

Publicar un comentario