Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 31 de diciembre de 2011

Peche da tempada galega con tres novos Pódios






Os corredores do Club Ciclista O Rosal pechan a tempada do calendario galego de Ciclocróss cun dominio aplastante e absoluto sobre os seus rivais e desta volta foi nos arredores do Castelo de Maceda (Ourense) traendo para O Rosal duas novas vitórias e un terceiro posto.
O primeiro en subir o “caixón” non foi outro que Raúl que despois de gañar todas todas as probas galegas e proclamarse Campión de Galicia, hoxe despedíase con outra vitória desmostrando así o seu dominio na categoría Cadete. E como é de costume Raúl saíu xa na cabeza da carreira para non abandonala xa até o final e adxudicarse a vitória cunha grande vantaxe mentres que Andrés que facía unha gran carreira de menos a máis acadaba o 6º posto o contrario do seu compañeiro Cristóbal que foi de máis a menos para terminar 11º.
En Júnior de novo vitória para Manuel que desta volta tiña que loitar máis do habitual xa que  nos primeiros compases da carreira marchábase en cabeza na compaña de Daniel López (C.C.Cambre) que non deixaba que se fose en solitario pero chegada a derradeira volta o circuito Manuel poñía “toda a carne no asador” e collía unha vantaxe para chegar a Meta cunha cómoda vantaxe e facerse desta maneira coa vitória. Outro que fixo unha das mellores carreiras da tempada foi Toni Portela  que quería por tódolos medios axudar o seu compañeiro Alex a subir o Pódio e tiña que baixar até o sexto posto para acompañalo e así durante varias voltas pero decatándose de que a “misión” non ía chegar a bon porto, a falta de tres voltas para o final e vendo que un posto no Pódio se escapaba, decidia atacar e nunha mostra de poderío físico foi recurtando a desvantaxe para nun apasionante final acadar ese merecidísimo terceiro posto mentres que Alex que tamén realizóu unha gran carreira terminaría sexto.
Terminada a tempada galega e en recoñacimento o estado de forma demostrado néste períplo por terras galegas, o premio foi a convocatória que o selecionador galego Moisés Leboso fixo para os Campionatos de España a disputarse en Gandía os días 6, 7 e 8 de xaneiro donde incluíu como non podía ser doutra maneira a Raúl Fernández (Cadete) e a Manu González e Toni Portela (Junior) para que representen a Galicia en terras valencianas.
Desexámoslles o millor nesta nova “aventura” que porá o punto final a tempada de Ciclocróss.

sábado, 24 de diciembre de 2011

Dominio total nos Campionatos de Galicia de Ciclocróss

As "apisonadoras" do Club Ciclista O Rosal paséanse pola Capital de Galicia e voltan a deixar o nome do noso Club no máis alto do "panorama galego" e desta volta era na competición máis importante da Comunidade Autónoma como son os Campionatos de Galicia.
Comenzóu a competición como e de costume coa categoría Cadete con Cristóbal e Andrés nos primeiros postos e Raúl moi retrasado por sair no medio do pelotón pero xá mediada a primeira volta das catro que constaba a carreira, Raúl nunha gran remontada xa se situaba no segundo posto para de seguido lanzar o seu poderoso ataque ante o que os seus riváis se atopaban impotentes para poder seguilo. Mentres todo isto acontecía Cristóbal iba perdendo contacto coas primeiras posicións mentres que a fortuna lle daba as costas a Andrés en forma de problemas co cambio o que o obrigaba o abandono. E con todo isto Raúl non se detiña no seu empeño e iba aumentando a sua vantaxe con cada pedalada para cruzar a liña de meta cunha vantaxe de 55 segundos sobre o seu máis inmediato perseguidor e desta maneira proclamarse Campión de Galicia. En canto a Cristóbal, despois dun grande esforzo chegaba a meta no 10º posto.
Xa a media mañán era o turno da categoría Júnior e o recital comenzaba nos primeiros metros pois Alex, Toni e Manuel marchaban nos tres primeiros postos o que facía presaxiar que o título podería vir para O Rosal e os nosos ciclistas queríannos demostrar que iso iba ser así  pois mentres que Alex cedía algúns postos, os seus compañeiros Manu e Toni sumaban as suas forzas para desfacerse de Daniel López (C.C.Cambre) que marchaba segundo e desta maneira marcharse os dous alternándose no primeiro posto e aumentar a vantaxe con respecto os seus perseguidores que non eran quien de nin siquiera manter as distancias xa que éstas iban aumentando conforme pasaban as voltas. E con éste decorrer da carreira, o final xa estaba escrito e so faltaba saber quen sería o Campión e o delírio apoderábase dos seguidores rosaleiros e do público en xeral que recoñecía a xesta dos nosos ciclistas nesta carreira que se decantaría do lado de Manuel que entraba con vantaxe por diante de Toni mentres que Alex terminaba a gran actuación co 6º posto 
PARABÉNS OS HEROES: RAÚL CAMPIÓN, MANU CAMPIÓN, TONI SUBCAMPIÓN, ALEX 6º, CRISTÓBAL 10º E ANDRÉS.

A directiva do Club Ciclista O Rosal Saúda e desexa Moi Boas Festas a tódolos seus Integrantes, Sócios, Aficcionados, Simpatizantes, Firmas Colaboradoras e toda a xente que nos segue día a día e nos presta o seu indispensable apoio.
Fotos da carreira.

domingo, 18 de diciembre de 2011

35º Trofeo Vila de Porriño de Ciclocróss

Os integrantes do Club Ciclista O Rosal voltan a dominar noutra proba do calendario galego, desta vez no 35º Trofeo Vila de Porriño organizado polo C. C. Spol que nunha mañán moi fría pola temperatura que roldaba os 0º grados e donde unha persistente néboa que en toda a mañán impediu que lucira sol, os nosos integrantes voltaban a triunfar.
Comenzaban a loita os Cadetes donde o gran dominador da tempada, o "noso" Raúl arrancaba xa nos primeiros compases da carreira para situarse na cabeza sendo preseguido por Alberto Martíns(C.C.Rias Baixas) e por Cristian Mota (C.C.Ponteareas)  e cos que durante toda a carreira se alternarían no liderato con Andrés situado na 5ª posición e Cristóbal un chisquiño máis descolgado. E sería na derradeira volta o circuito cuando Raúl lanzaría un "demoledor ataque" para deixar descolgados os seus riváis e desta maneira facerse co primeiro posto deste prestixioso Trofeo. En canto os seus compañeiros o loitador Andrés baixaría ata a 7º posición final mentres que Cristóbal finalizaba 11º.
De excepcinal podemos calificar a carreira dos Juniors que voltaron a dominar o seu antoxo xa dende a saída na que Manuel González saía en cabeza destacándose dos seus rivais, con Alex Lomba na 5ª posición e Toni Portela alá pola 14ª moi descolgado por mor dunha mala saída. Pero xá na 2ª volta Toni situábase 2º despóis dunha gran remontada para un par de voltas máis tarde dar alcance o seu compañeiro Manuel co que se foi alternando en cabeza durante o resto da carreira e con Alex loitando un pouco máis atrás. Pero non sería ata os derradeiros metros que se decidiría a vitória que desta volta caía do lado de Manuel mentres que Toni acadaba o 2º posto e Alex un traballado 8º.
Agora toca esperar o vindeiro sábado no que nos desprazaremos a Santiago de Compostela para disputar os Campionatos de Galicia da especialidade donde os integrantes do Club Ciclista O Rosal parten como favoritos ainda que haberá que esperar o final para ver se algún dos títulos ven para O Rosal.
Fotos da carreira

lunes, 12 de diciembre de 2011

Copas de España e de Portugal de Ciclocross


Doble xornada de Ciclocross para os nosos Cadetes e Juniores en Alcobendas (Madrid) e Mirandela-Bragança (Portugal).
Raúl, Alex, Manuel e Toni que ainda se atopaban por terras madrileñas, acudían a Alcobendas para tomar parte na carreira que era puntuable para a Copa de España.
En Cadetes era Raúl o que nos representaba e acababa a carreira no 11º posto por mor dunha caída que o retrasaba varias posicións.
En Júnior o mellor era Toni Portela que acadaba un brillante 5º posto o que seguía Manuel González no 7º que sofría unha avería mecánica que tamén o retrasaba vários postos e pola súa parte Alex Lomba non coseguía acabar a carreira.
O mesmo tempo que éstes corrian en Alcobendas, Andrés e Cristóbal participaban en Mirandela, proba puntuable para a Taça (Copa) de Portugal donde un pletórico Andrés subía o Pódio o facerse co 2º posto. Pola súa parte Cristóbal que padecía problemas físicos terminaba no 6º posto
Fotos de Alcobendas
Fotos de Mirandela


sábado, 10 de diciembre de 2011

¡¡¡¡En Madrid tamén se fala "rosaleiro"!!!!!!!!!



As duas da madrugada partían vía carretera catro Ciclistas, un Director Deportivo e un Directivo do Club Ciclista O Rosal cara a terras da capital de España para as nove da mañán competir no III Gran Premio de Ciclocross de El Escorial valedeiro para a Copa da Comunidade de Madrid.
O madrugón e a chea de kilómetros que se pegaron tiveron a sua recompensa en forma doutras dus vitórias para os nosos integrantes.
Raúl Fernández era o primeiro en competir e despóis dunha carreira maxistral, impoñíase na meta demostrando que ésta tempada está pletórico de forma física e mental como demostrou alá polos "madriles" facéndose coa vitória.
Outro que non deixou escapar a oportunidade foi o Junior Manuel González que tamén dominaba a categoría e vencía cun dominio absoluto e arrollador os seus riváis. Destacaron tamén os seus compañeiros Toni Portela e Alex Lomba que acadaron os postos 5º e 8º respectivamente.
Ésta noite pernoctarán en Alcobendas donde nesa localidade, mañán participarán na derradeira proba da Copa de España.
Pola súa parte os cadetes Andrés e Cristóbal asistirán a Bragança (Portugal) para participar na carreira da Taça de Portugal que se disputa na localidade de Mirandela.
Fotos de José Carlos Fernández

jueves, 8 de diciembre de 2011

35º Trofeo Ciclocross Horacio Barros

Como xa podemos ver nesta foto, os integrantes do Club Ciclista O Rosal continúan a dominar na modalidade de Ciclocross Cadete e Júnior tanto en Galicia como en Portugal e na mañán de hoxe era en Porriño co gallo da disputa do  35º Trofeo Horacio Barros.
En Cadetes Raúl repetía o posto acadado fai dous días en Boiro. Comenzou a carreira con Raúl que se situaba en postos de cabeza en loita con Alberto Martins (C.C. Rias Baixas) mantendo ambos un man a man durante as duas primeiras voltas pero a partir de ahí  Raúl íbase do seu rival e conforme iban pasando as voltas, aumentaba a sua vantaxe chegando destacado a meta no primeiro lugar. Boa carreira tamén a disputada por Andrés e Cristóbal que se facían cos postos 8º e 9º respectivamente.
En Júnior Toni e Manuel voltaban a ocupar os dous peldaños mais altos do "caixón". O inicio da carreira xa deixaba moi claro que a vitória ia vir para O Rosal e solo faltaba dilucidar quien dos dous se levaría "o gato a auga". Xa na primeira volta tanto Manuel como Toni deixaban atrás os seus rivais cunha certa vantaxe para os dous xuntos liderar a carreira cunha certa comodidade con Alex pelexando nos postos intermedios para logo Manuel coller varios metros por diante Toni, pero éste conseguía enxugar esa diferenza e adiantaba o seu compañeiro polo que o final a vitória se decantaba do lado de Toni  con Manuel segundo co que demostraban que traballando en conxunto os esforzos sempre teñen o seu prémio. O final Alex cedía algo de terreo e cruzaba a liña de meta no 12º posto.
Fotos da carreira

martes, 6 de diciembre de 2011

24º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocross


Si fai dos días a exhibición era en terras portuguesas, desta volta era en terras do Barbanza donde se celebraba a primeira proba do calendario galego co 24º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocross.
Comenzaron os Cadetes donde desta volta Raúl Fernández tirou de forza física para dinde o primeiro momento situarse na cabeza da carreira para logo tirar de forza mental para controlar a carreira e non abandonar a primeira posición e desta maneira adxudicarse ésta merecida e traballada vitória. Os que tamén brillaban eran Cristóbal e Andrés que remataban a carreira nos postos 8º e 9º respectivamente.
En Júnior novo paseo triunfal para Manuel González que dende os primeiros compases da carreira se situou na primeira posición para non abandonala  ata que cruzou a liña de meta traendo para O Rosal o 24º Trofeo de Boiro. Toni Portela exercía de escudeiro e facíase co non menos importante 2º posto. Alex Lomba que sofreu unha avaría mecánica terminaba no 7º posto.
O vindeiro xoves día 8 dispútase o 35º Trofeo Horacio Barros na porriñesa localidade de Mosende.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Nova exibición na Copa de Portugal


Os integrantes do Club Ciclista O Rosal voltaron a deixar o nome do noso Club no mais alto o acadar catro pódios en Agueda donde se disputóu onte a segunda proba da Copa de Portugal.

Comenzaron os Cadetes e de novo Raúl voltaba a pelexar por unha vitória que se lle escapaba por moi pouco e que o final se tería que conformar co segundo posto. Cristóbal voltou a brillar por méritos propios e acadaba ese fantastico terceiro posto.Pola súa banda Andrés finalizaba na 5ª posición
En Júnior de novo Manuel González voltaba a demostrar quien e o máis forte e gañaba a carreira  de maneira incontestable e desta volta por diante do seu compañeiro de equipo Toni Portela que ven demostrando a súa adaptación a categoría e facíase co segundo posto do "caixón".Alex Lomba voltaba a finalizar 8º.
Despois destas duas probas da Taça de Portugal Raúl marcha segundo, Cristóbal 5º e Andrés 6º na clasificación de Cadetes e en Juniores Manuel segue como líder destacado con Toni no 4º posto e Alex no 11º.
Mañán día 6 o desprazamento será a terras do Barbanza concretamente a Boiro donde se participará na primeira proba do Calendario Galego para no xoves día 8 paticipar en Porriño.
Fotos de José Carlos Fernández