Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 5 de diciembre de 2011
Nova exibición na Copa de Portugal
Os integrantes do Club Ciclista O Rosal voltaron a deixar o nome do noso Club no mais alto o acadar catro pódios en Agueda donde se disputóu onte a segunda proba da Copa de Portugal.
Comenzaron os Cadetes e de novo Raúl voltaba a pelexar por unha vitória que se lle escapaba por moi pouco e que o final se tería que conformar co segundo posto. Cristóbal voltou a brillar por méritos propios e acadaba ese fantastico terceiro posto.Pola súa banda Andrés finalizaba na 5ª posición
En Júnior de novo Manuel González voltaba a demostrar quien e o máis forte e gañaba a carreira de maneira incontestable e desta volta por diante do seu compañeiro de equipo Toni Portela que ven demostrando a súa adaptación a categoría e facíase co segundo posto do "caixón".Alex Lomba voltaba a finalizar 8º.
Despois destas duas probas da Taça de Portugal Raúl marcha segundo, Cristóbal 5º e Andrés 6º na clasificación de Cadetes e en Juniores Manuel segue como líder destacado con Toni no 4º posto e Alex no 11º.
Mañán día 6 o desprazamento será a terras do Barbanza concretamente a Boiro donde se participará na primeira proba do Calendario Galego para no xoves día 8 paticipar en Porriño.
Fotos de José Carlos Fernández
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario