Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

martes, 6 de diciembre de 2011

24º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocross


Si fai dos días a exhibición era en terras portuguesas, desta volta era en terras do Barbanza donde se celebraba a primeira proba do calendario galego co 24º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocross.
Comenzaron os Cadetes donde desta volta Raúl Fernández tirou de forza física para dinde o primeiro momento situarse na cabeza da carreira para logo tirar de forza mental para controlar a carreira e non abandonar a primeira posición e desta maneira adxudicarse ésta merecida e traballada vitória. Os que tamén brillaban eran Cristóbal e Andrés que remataban a carreira nos postos 8º e 9º respectivamente.
En Júnior novo paseo triunfal para Manuel González que dende os primeiros compases da carreira se situou na primeira posición para non abandonala  ata que cruzou a liña de meta traendo para O Rosal o 24º Trofeo de Boiro. Toni Portela exercía de escudeiro e facíase co non menos importante 2º posto. Alex Lomba que sofreu unha avaría mecánica terminaba no 7º posto.
O vindeiro xoves día 8 dispútase o 35º Trofeo Horacio Barros na porriñesa localidade de Mosende.

No hay comentarios:

Publicar un comentario