Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
sábado, 10 de diciembre de 2011
¡¡¡¡En Madrid tamén se fala "rosaleiro"!!!!!!!!!
As duas da madrugada partían vía carretera catro Ciclistas, un Director Deportivo e un Directivo do Club Ciclista O Rosal cara a terras da capital de España para as nove da mañán competir no III Gran Premio de Ciclocross de El Escorial valedeiro para a Copa da Comunidade de Madrid.
O madrugón e a chea de kilómetros que se pegaron tiveron a sua recompensa en forma doutras dus vitórias para os nosos integrantes.
Raúl Fernández era o primeiro en competir e despóis dunha carreira maxistral, impoñíase na meta demostrando que ésta tempada está pletórico de forma física e mental como demostrou alá polos "madriles" facéndose coa vitória.
Outro que non deixou escapar a oportunidade foi o Junior Manuel González que tamén dominaba a categoría e vencía cun dominio absoluto e arrollador os seus riváis. Destacaron tamén os seus compañeiros Toni Portela e Alex Lomba que acadaron os postos 5º e 8º respectivamente.
Ésta noite pernoctarán en Alcobendas donde nesa localidade, mañán participarán na derradeira proba da Copa de España.
Pola súa parte os cadetes Andrés e Cristóbal asistirán a Bragança (Portugal) para participar na carreira da Taça de Portugal que se disputa na localidade de Mirandela.
Fotos de José Carlos Fernández
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario