Como xa podemos ver nesta foto, os integrantes do Club Ciclista O Rosal continúan a dominar na modalidade de Ciclocross Cadete e Júnior tanto en Galicia como en Portugal e na mañán de hoxe era en Porriño co gallo da disputa do 35º Trofeo Horacio Barros.
En Cadetes Raúl repetía o posto acadado fai dous días en Boiro. Comenzou a carreira con Raúl que se situaba en postos de cabeza en loita con Alberto Martins (C.C. Rias Baixas) mantendo ambos un man a man durante as duas primeiras voltas pero a partir de ahí Raúl íbase do seu rival e conforme iban pasando as voltas, aumentaba a sua vantaxe chegando destacado a meta no primeiro lugar. Boa carreira tamén a disputada por Andrés e Cristóbal que se facían cos postos 8º e 9º respectivamente.
En Júnior Toni e Manuel voltaban a ocupar os dous peldaños mais altos do "caixón". O inicio da carreira xa deixaba moi claro que a vitória ia vir para O Rosal e solo faltaba dilucidar quien dos dous se levaría "o gato a auga". Xa na primeira volta tanto Manuel como Toni deixaban atrás os seus rivais cunha certa vantaxe para os dous xuntos liderar a carreira cunha certa comodidade con Alex pelexando nos postos intermedios para logo Manuel coller varios metros por diante Toni, pero éste conseguía enxugar esa diferenza e adiantaba o seu compañeiro polo que o final a vitória se decantaba do lado de Toni con Manuel segundo co que demostraban que traballando en conxunto os esforzos sempre teñen o seu prémio. O final Alex cedía algo de terreo e cruzaba a liña de meta no 12º posto.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario