As "apisonadoras" do Club Ciclista O Rosal paséanse pola Capital de Galicia e voltan a deixar o nome do noso Club no máis alto do "panorama galego" e desta volta era na competición máis importante da Comunidade Autónoma como son os Campionatos de Galicia.
Comenzóu a competición como e de costume coa categoría Cadete con Cristóbal e Andrés nos primeiros postos e Raúl moi retrasado por sair no medio do pelotón pero xá mediada a primeira volta das catro que constaba a carreira, Raúl nunha gran remontada xa se situaba no segundo posto para de seguido lanzar o seu poderoso ataque ante o que os seus riváis se atopaban impotentes para poder seguilo. Mentres todo isto acontecía Cristóbal iba perdendo contacto coas primeiras posicións mentres que a fortuna lle daba as costas a Andrés en forma de problemas co cambio o que o obrigaba o abandono. E con todo isto Raúl non se detiña no seu empeño e iba aumentando a sua vantaxe con cada pedalada para cruzar a liña de meta cunha vantaxe de 55 segundos sobre o seu máis inmediato perseguidor e desta maneira proclamarse Campión de Galicia. En canto a Cristóbal, despois dun grande esforzo chegaba a meta no 10º posto.
Xa a media mañán era o turno da categoría Júnior e o recital comenzaba nos primeiros metros pois Alex, Toni e Manuel marchaban nos tres primeiros postos o que facía presaxiar que o título podería vir para O Rosal e os nosos ciclistas queríannos demostrar que iso iba ser así pois mentres que Alex cedía algúns postos, os seus compañeiros Manu e Toni sumaban as suas forzas para desfacerse de Daniel López (C.C.Cambre) que marchaba segundo e desta maneira marcharse os dous alternándose no primeiro posto e aumentar a vantaxe con respecto os seus perseguidores que non eran quien de nin siquiera manter as distancias xa que éstas iban aumentando conforme pasaban as voltas. E con éste decorrer da carreira, o final xa estaba escrito e so faltaba saber quen sería o Campión e o delírio apoderábase dos seguidores rosaleiros e do público en xeral que recoñecía a xesta dos nosos ciclistas nesta carreira que se decantaría do lado de Manuel que entraba con vantaxe por diante de Toni mentres que Alex terminaba a gran actuación co 6º posto
PARABÉNS OS HEROES: RAÚL CAMPIÓN, MANU CAMPIÓN, TONI SUBCAMPIÓN, ALEX 6º, CRISTÓBAL 10º E ANDRÉS.
A directiva do Club Ciclista O Rosal Saúda e desexa Moi Boas Festas a tódolos seus Integrantes, Sócios, Aficcionados, Simpatizantes, Firmas Colaboradoras e toda a xente que nos segue día a día e nos presta o seu indispensable apoio.
Fotos da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario