Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 18 de diciembre de 2011

35º Trofeo Vila de Porriño de Ciclocróss

Os integrantes do Club Ciclista O Rosal voltan a dominar noutra proba do calendario galego, desta vez no 35º Trofeo Vila de Porriño organizado polo C. C. Spol que nunha mañán moi fría pola temperatura que roldaba os 0º grados e donde unha persistente néboa que en toda a mañán impediu que lucira sol, os nosos integrantes voltaban a triunfar.
Comenzaban a loita os Cadetes donde o gran dominador da tempada, o "noso" Raúl arrancaba xa nos primeiros compases da carreira para situarse na cabeza sendo preseguido por Alberto Martíns(C.C.Rias Baixas) e por Cristian Mota (C.C.Ponteareas)  e cos que durante toda a carreira se alternarían no liderato con Andrés situado na 5ª posición e Cristóbal un chisquiño máis descolgado. E sería na derradeira volta o circuito cuando Raúl lanzaría un "demoledor ataque" para deixar descolgados os seus riváis e desta maneira facerse co primeiro posto deste prestixioso Trofeo. En canto os seus compañeiros o loitador Andrés baixaría ata a 7º posición final mentres que Cristóbal finalizaba 11º.
De excepcinal podemos calificar a carreira dos Juniors que voltaron a dominar o seu antoxo xa dende a saída na que Manuel González saía en cabeza destacándose dos seus rivais, con Alex Lomba na 5ª posición e Toni Portela alá pola 14ª moi descolgado por mor dunha mala saída. Pero xá na 2ª volta Toni situábase 2º despóis dunha gran remontada para un par de voltas máis tarde dar alcance o seu compañeiro Manuel co que se foi alternando en cabeza durante o resto da carreira e con Alex loitando un pouco máis atrás. Pero non sería ata os derradeiros metros que se decidiría a vitória que desta volta caía do lado de Manuel mentres que Toni acadaba o 2º posto e Alex un traballado 8º.
Agora toca esperar o vindeiro sábado no que nos desprazaremos a Santiago de Compostela para disputar os Campionatos de Galicia da especialidade donde os integrantes do Club Ciclista O Rosal parten como favoritos ainda que haberá que esperar o final para ver se algún dos títulos ven para O Rosal.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario