Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 30 de julio de 2012
IREA VILLA E RAUL FERNANDEZ TRIUNFAN EN CAMBRE
O pasado sabado foi un gran día para o ciclismo rosaleiro xa que os triunfos de Irea e Raúl tamen hai que engadir o 2º posto de Antonio Portela e o 3º de Claudia Portela en MiniBTT o domingo.
Comenzaban como de costume os Benxamins e os nosos saían a pista como "raios" pero non foi dabondo xa que o Pódio era para o C.C. Compostelano en pleno e Yasir tiña que conformarse co 4º posto seguido por David Rodríguez que remataba 5º e Iago Alvarez que cometía un erro remataba 18º. Para rematar quedaba Irea que era das derraseiras en saltar a pista o que non foi impedimento para que rematase 7ª absoluta e facerse coa vitória entre as féminas.
Os Alevíns e Infantís non participaban xa que se atopaban nunha concentración en Asturias organizada pola Federación Española de Ciclismo.
En Cadetes gran carreira de Raúl que estivo sempre en cabeza controlando que ninguén se lle fose da súa marcaxe para na derradeira volta soltar unha demarraxe que era imposible de seguir para os seus perseguidores e desta maneira entrar cos brazos alzados en sinal de vitória. Pola súa banda Cristóbal aliábase coa mala sorte e na segunda volta pasaba por un bache da calzada e pinchaba, abandonando a carreira nese preciso instante.
Para rematar eran os Júnior os que tomaban a saída e os nosos demostraban que saían con ganas de dar guerra e o primeiro paso por meta era Adrián Dorna o que pasaba en cabeza o saltar do pelotón ainda que mediada a carreira sería baixado da mesma o igual que Pablo. Xa contra o final Adrián Vicente tamén corria a mesma sorte e a partir de ahí a nosa sorte quedaba nas mans de Manuel González e Toñi Portela donde éste último tentaría varias veces en saltar do grupo pero sabedores do seu potencial os seus riváis non lle deixaban que se fose e non sería ata o final que se resolvería a carreira un axustadísimo sprint que se decantaba para o local Daniel López seguido de Toñi Portela; pola súa banda Manuel entraba no 11º posto.
No día de onte e de hoxe Cadetes e Júnior despazábanse a terras portuguesas para participar en carreiras en organizadas no país veciño.
Por outro lado destacar a carreira das irmáns Portela que no día de onte se desprazaban a Ponteareas para disputar o MiniBTT de Guláns na categoría Infantíl e Cludia remataba a primeira manga 4ª e a segunda manga sería 3ª o que lle valía para subir o Pódio como terceira fémina. Pola súa banda Elsa facía 6ª nas dúas mangas o que lle valía para rematar nesa mesma posición.
Fotos de Cambre
Fotos de Cristobal Coimbra en Lousada (Portugal)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario