As competicións comenzaban onte sabado coa CRONOESCALADA DE VIVEIRO donde participaban as categorías de Cadetes e Júnior sobre unha distancia de 4 Kms.
O Cadete Raúl Fernández acadaba a 5ª praza cun tempo de15´23". En Júnior o millor clasificado era Antonio Portela tamén no 5º posto cun tempo de 13´11", 8º sería Manuel González con 13´29", 19º Pablo Cividanes con 15´18" e 30º Adrian Vicente que empregaba 17´38".
Xa na mañán de hoxe domingo as 10:00 comenzaba o VIII Trofeo organizado polo Clube da Vila de Cangas donde comenzaban os Alevíns donde Mario Fernández acadaba o 13º posto mentras que María Correa se facía co 23º.
En Infantís Xoel Villa remataba 21º, Ero Sobrino 24º, Zaida González 26ª, Claudia Portela 29ª, Elsa Portela 31ª e Manuel Dorna 34º.
En Cadetes Raúl Fernández non subía o "caixon" polo espesor dun tubular e tiña que conformarse co 4º posto mentras que Cristóbal Coimbra remataba 29º.
Remataban a competición os Benxamíns e Yasir Martínez acadaba esa terceira posición que lle valía para voltar o Pódio a tan só un segundo do vencedor; Iago Alvarez obtiña unha meritória 6ª praza e unha especial mención merecen os irmáns Carnero Taveira que no seu primeiro ano de competición xa están instalados nos postos altos da clasificación como son o 7º posto de Rubén e o 8º de David. Pola súa banda David Rodríguez erraba nas paralelas e remataba 13º o mesmo que Irea Villa que tamén erraba no mesmo obstáculo e remataba15ª i un erro cometéu tamén Laura Teniente que se facía coa 18ª posición.
As vindeiras carreiras vanse disputar en Santiago as 15:00 horas para Cadetes e Júnior que van loitar polo Canpionato de Galicia de Fondo e no barrio do Meixoeiro (Vigo) para Escolas as 17:30.
Fotos de Viveiro
Fotos de Cangas
No hay comentarios:
Publicar un comentario