Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 8 de julio de 2012

TOÑI PORTELA TERCEIRO EN MARÍN

Despois das alegrías de onte no Campionato de Galicia de BTT, na mañán de hoxe disputábase en Marín o 30º Trofeo Virxe do Carmo para as categorías de Cadetes e Júnior.
En Cadetes competían os nosos dous representantes como son Cristóbal e Raúl. A carreira consistía en duas voltas a un circuito polas estradas da comarca de Marín para completar un percorrido de 57 kilómetros. Comenzóu a carreira e tanto Cristóbal como Raúl mantíñanse no grupo de cabeza pero co paso dos kilómetros Cristóbal era obrigado o abandono por parte do xuíces da carreira o acumular unha certa desvantaxe coa cabeza. Pola súa banda Raúl continuaba neses primeiros postos pero de cara o final pagaba o esforzo da Medalla de Bronce de onte en Maceda e acadaba un meritório 8º posto.
En cuanto os Júnior, éstes facían o mesmo percorrido pero cunha volta máis para completar 87 kms. Aquí era Pablo Cividanes o que era baixado mediada a carreira. Pola súa banda Manuel González era outro o que tamén se lle notaba o esforzo da Madalla de Ouro que acadaba onte en Maceda e remataba no 12º posto. En cuanto a António Portela, escapábase mediada a carreira con outros tres corredores para chegar a liña de meta nun apurado Sprint final e acadar ese terceiro posto que se suma a Medalla de Bronce de onte.
Fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario