Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 1 de julio de 2012

XVIII GRAN PREMIO CICLISTA TEIS

Na mañán de hoxe celebrouse o XVIII GRAN PREMIO CICLISTA TEIS nun circuito que se desenrolaba polas ruas Sanjurjo Badía, Doctor Corbal e Pedro Alvarado coa asistencia de varios dos nosos ciclistas.
Comenzaron os Benxamíns e Irea Villa era a millor clasificada co 6º posto seguida de Iago Alvarez no 8º e Laura Teniente no 20º.
En Alevíns moi boa carreira de Mario Fermández que acadaba o 8º posto e María Correa que se facía coa 22ª posición.
 Desta volta os Infantís voltaron a ter unha frouxa actuación e Manuel Dorna clasificabase 24º, Ero Sobrino 25º e Xoel Villa 28º.
Finalizaban os Cadetes e Raúl Fernández acariñaba o "caixón" o acabar na 5ª posición  co mesmo tempo que o terceiro clasificado, pola súa banda Cristóbal Coimbra remataba no 21º posto.
Pola súa parte as irmáns Portela da categoría Infantíl acudían no día de onte a disputar o MINI BTT de ARBO e Claudia acadaba o 4º posto i Elsa o 5º.
Fotos de Teis

No extradeportivo o Club Ciclista O Rosal quere dende aquí desexar unha pronta recuperación do seu Vicepresidente José Luís Martínez Costas que se atopa hospitalizado en estado grave.
ANIMO JOSE LUIS!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario