Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 8 de julio de 2012

MANU GONZALEZ CAMPION DE GALICIA DE BTT JUNIOR


Despois destes días tristes polo falecemento do Vicepresidente José Luís Martínez a alegría voltou no día de onte o Club Ciclista O Rosal da man dos seus ciclistas no Campionato de Galicia de BTT en forma dunha medalla de ouro e duas de bronce.
En Cadetes representábanos Raúl Fernández que nunha gran actuación se facia coa Medalla de Bronce nunha especialidade da que non é habitual.
Na categoría Júnior, Antonio Portela tamén se facía coa Medalla de Bronce e para rematar era Manuel González o que subía o mais alto do "caixón" para proclamarse Campión de Galicia de BTT Júnior e así traer para as nosas terras esa Medalla de Ouro.
Sen dúbida outro éxito dos integrantes do Club Ciclista O Rosal que voltan a comandar no ciclismo galego.
FOTOS DO PÓDIO
Galería de fotos de Luz Iglesias (Cambre)

No hay comentarios:

Publicar un comentario