Yasir Martínez voltou a vencer, desta vez foi no GRAN PREMIO CICLISTA DO MEIXOEIRO que se disputou na tarde de onte sabado donde nun circuito moi complicado o inicio so catro participantes saíron indemnes sin cometer ningún erro. O seguinte "rosaleiro sería Sergio Vicente co 7º posto, David Rodríguez 8º, Rubén Carnero 10º, Irea Villa 12ª, David Carnero 13º, Alberto García 19º e Andrés Lago 23º.
Boa actuación dos Alevíns na que Mario Fernández remataba 17º e María Correa 23ª.
En Infantís Xoel Villa remataba 20º, Ero Sobrino 21º, Manuel Dorna 24, Zaida González 25ª, Claudia Portela 27ª i Elsa Portela 28ª.
O mesmo tempo disputábanse en Santiago os Campionatos de Galicia en Estrada e en Cadetes Raúl Fernández sofría un pinchazo que lle facía perder un tempo de ouro e remataría a carreira descolgado da cabeza no posto 23 a 2´48" do vencedor. Cristóbal Coimbra sería baixado da carreira o acumular unha certa desvantaxe.
En Júnior gran carreira de Antonio Portela que se metía nunha escapada que durou a maior parte da carreira e o final remataba 7º. Adrian Dorna e Adrian Vicente tamén serían eliminados da carreira.
Pola sua parte Manuel González remataba na mañán de hoxe domingo a súa participación no Campionato de España de BTT XCO cun fantástico 8º posto na categoría Júnior, éste oitavo lugar ven a sumarse a Madalla de Bronce que acadóu o venres coa Selección de Galicia en Relevos.
Fotos do Meixoeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario