O XXVI Trofeo Promoción do Ciclismo disputóuse na mañán de hoxe domingo nos arredores do Porto e da Escola Naval de Marín cunha nova vitória de Irea Villa na categoría Benxamín Feminina.
Comenzaba a competición coa categoría Alevín, na que María Correa realizaba unha das suas millores carreiras da tempada e remataba 22ª na clasificación xeral e 2ª en Féminas. Pola súa banda Mario Fernández con problemas físicos remataba 27º.
Continuaban os Infantís e o millor clasificado sería Ero Sobrino no 31º posto, seguiríalle Zaida González na 32ª posición e terceira Fémina, Claudia Portela 34ª i Elsa Portela 35ª.
Remataba ésta mañán de ciclismo coa categoría Benxamín e Yasir Martínez voltaba a quedar as portas do Pódio o rematar na 5ª posición a dous segundos do terceiro clasificado. Irea clasificábase 7ª absoluta e 1ª Fémina polo que subia o máis alto do Caixón para recoller o Trofeo que a acreditaba como vencedora. Os irmáns Carnero Taveira cometían algún erro nas súas participacións o que lles custaba o rematar 16ª e 32ª para Rubén e David respectivamente.
A vindeira carreira vaise celebrar na Guarda donde o C.C. O Rosal organiza o XXVI TROFEO FESTAS DO MONTE como xa publicamos na entrada anterior e donde agardamos contar coa presenza de tódolos afeccionados o ciclismo para que disfruten coas categorías de Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior.
Fotos de Marín
No hay comentarios:
Publicar un comentario