Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

viernes, 10 de agosto de 2012

NOVA VITÓRIA DE IREA E PÓDIO PARA YASIR E RAÚL NO TROFEO FESTAS DO MONTE


Grande tarde de ciclismo a de onte xoves no Circuito da Sangriña donde o Club Ciclista O Rosal organizóu o XXVI TROFEO FESTAS DO MONTE en colaboración co Concello de A Guarda e a Comisión de Festas cunha gran participación e asistencia de público.
Comenzaron os Benxamíns e desta volta Yasir Martínez voltaba o Pódio despóis de duas carreiras nas que quedou fora. Yasir acadaba ese traballadísimo 2º posto que o devolvía o seu posto natural; pola súa parte David Rodríguez quedaba pertiño do Pódio o rematar no 6º posto. A que parece que non quere baixar do máis alto do "caixón" e Irea Villa que está a encadear unha série de vitórias consecutivas e nesta carreira organizada polo seu Clube remataba oitava absoluta e primeira das Féminas. Os seguintes rosaleiros serían por ésta orden Sergio Vicente 13º, Rubén Carnero 19º, Iago Alvarez 21º, David Carnero 22º, Alberto García 28º, Andrés Lago 29º e Laura Teniente 44ª. Sinalar nesta categoría o debut da rosaleira Sara Alvarez que demostraba moi boas maneiras.
Sería de seguido a categoría Alevín a que tomaba a saída e Marcos Fernandes remataba 18º, María Correa noutra carreira moi completa remataba 19ª absoluta e 2ª Fémina e Mario Fernández sería 20º.
Turno para os Infantís i Ero Sobrino era o millor clasificado no 22º lugar, Manuel Dorna 25º, Zaida González 26ª, Claudia Portela 28ª, Xoel Villa 29º i Elsa Portela 31ª completaban a participación rosaleira.
Chegaría logo a volta para os Cadetes e aquí colleitabamos outro Pódio co 3º posto de Raúl Fernández e remataría Cristóbal Coimbra no 25º.
Rematarían as competicións coa categoría Júnior donde o ciclista Roberto Mediero (Fundación Oscar Pereiro) vencía cun dominio aplastante sobre os demáis participantes e o millor "rosaleiro" sería Antonio Portela no 5º lugar; seguirían Manuel González 11º, Adrian Vicente 16º, Alex Lomba 24º , Pablo Cividanes 27º e Adrian Dorna 29º.
 No día de mañán sabado dispútase o XXXXIV GRAN PREMIO DO ALBARIÑO en Cambados para as categorías de Escolas, Cadetes e Júnior.
Fotos da Carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario