Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 27 de agosto de 2012

TOÑI PORTELA ACUDÍU O CAMPIONATO DE ESPAÑA JÚNIOR

                                  Ciclistas, directivo e afeccionados do C.C. O Rosal  con Portela en Cantabria
Os dias 24, 25 e 26 disputáronse en Hoznayo e Medio Cudeyo (Cantabria) os CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CONTRARELOXO INDIVIDUAL E ESTRADA JÚNIOR e alí acudía Antonio Portela integrando a SELECCIÓN GALEGA para participar na proba de  Estrada.
O xoves 24 era o día da CRI e a Categoría Feminina da selección Galega estaba integrada por Eva Alvarez (C.C. Monteferro) e Lorena Sanín (C.C. Cambre) que acadarían os postos 22 e 12 respectivamente.
En Masculino os representantes galegos eran Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre) e Javer García ( C.C. Spol) que serían 16º e 19º respectivamente.
No domingo 26 entraba en acción o noso Toñi Portela cunha durísima proba de 121 kilómetros dónde Portela estaba sempre no pelotón, pero no terceiro paso polo Alto de Las Pilas pasaba co grupo cunha desvantaxe de 27 segundos con tres escapados. No cuarto e derradeiro paso por éste mesmo Alto de Las Pilas a desvantaxe xa era de 1 minuto e 14 segundos para o final entrar na Liña de Meta no 52º posto cun tempo de 2:59'43" a 2'11 do vencedor que foi Ivan Garcia da Selección Asturiana. Polo que respecta os outros compoñentes da Selección Galega éstes eran os postos acadados: Javer García ( C.C. Spol) 10º, Daniel López (C.C. Cambre) 15º, Roberto Mediero (Fundación Oscar Pereiro) 41º e Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre) 45º. Pola súa banda Anxo Lorenzo (C.C.Padronés), Samuel Rodríguez (C.C.Ponteareas) e David Seage (C.C.Padronés) retirábanse da carreira.
Na categoría Feminina gran carreira de Lorena Sanín (C.C. Cambre) que remataba 16ª a 4'24" da vencedora a rioxana Sheila Gutiérrez. Pola súa banda Eva Alvarez (C.C. Monteferro) María Verdía (C.C.Carballo) eran obrigadas a abandonar por quedar descolgadas da cabeza.
Por outro lado no sabado 25 en Cotogrande (Vigo) disputóuse o XVII Trofeo Festas de Vigo e en Benxamíns Yasir quedaba as portas do pódio o rematar no 4º posto. Os outros resultados serían Rubén Carnero 8º, Sergio Vicente 15º, Alberto García 17º, David Carnero 19º, Laura Teniente 23ª, David Rodríguez 25º e Andrés Lago 27º.
En Alevíns Mario Fernández remataba 16º e María Correa 20ª.
Os Infantís remataban como segue: Ero Sobrino 18º, Manuel Dorna 19º e Zaida González 21ª.
O mesmo tempo en Nigrán Diputábase a 9ª Copa do Futuro e Claudia Portela subía o Pódio o rematar 3ª
Fotos do Campionato de España 

No hay comentarios:

Publicar un comentario