Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 19 de agosto de 2012

VITORIAS DE YASIR E IREA E PODIOS TAMEN PARA ZAIDA, MARIA, RAÚL E CLAUDIA

                                        YASIR 1º, IREA 1ª e RAÚL 3º
Este sabado na vila coruñesa de Luou (Teo), de novo @s nos@s ciclistas voltaban o mais alto do Pódio por partida dobre acompañados doutro segundo posto e dous terceiros.Pero iso non era todo xa que en Maceda (Ourense) tamén se acadaba outro segundo.
A categoría de Benxamíns era a que acadaba eses dous primeiros postos da man de Yasir en Masculino e de Irea en Feminino. Yasir realizaba unha carreira limpa e áxil que o acreditaba como vencedor incontestable. Pola súa banda Andres Lago tamén mostraba melloría e remataba 19º. E para rematar chegaba a volta de Irea que cometía o erro de tirar cunha paralela, o que non era impedimento para acadar o 1º posto Feminino.
Na categoría Alevín tanto María como Mario voltaban a realizar unha gran carreira na que María remataba segunda en Féminas e Mario 23º en Masculino.
En Infantís os nosos ciclistas mostraban mellorías e Zaida colleitaba un terceiro posto en Féminas que a enchía de ledicia. En Masculino o millor clasificado era Xoel co 24º posto seguido de Ero 25º e Manuel Dorna 28º.
Para rematar era a volta dos Cadetes Raúl e Cristóbal nuha carreira que discurria polas estradas da comarca cun duro percorrido con catro portos de montaña. Mediada a carreira Cristóbal cedía demasiado tempo i era baixado da carreira. Pola súa banda Raúl realizaba unha gran carreira e xa na Meta Volante situada na localidade de Trobe no Km. 7,50 pasaba primeiro. No Premio da Montaña no Km. 21 no Alto da Gaiosa pasaría integrando o pelotón que cedía 65 segundos respecto a un dúo de escapados. Pero Raúl non estaba de acordo con esa posición e atacaba xunto con outros dous ciclistas e coronaban o Premio da Montaña do Alto de a Ramallosa no Km. 42,50 con 21 segundos de vantaxe sobre o pelotón o que lles valería para chegar a meta co 32" de vantaxe e no esprint final deste trío Raúl acadaría ese 3º posto que se sumaría o Premio da Meta Volante.
O mesmo tempo disputábase en Maceda o VIII Trofeo Castelo de Maceda de MiniBTT que contaba coa participación das xemelgas Portela Rodríguez na categoría Benxamín Feminino e Claudia melloraba as súas prestacións e colleitaba un fantástico 2º posto. Pola súa parte Elsa tamén milloraba e remataba 4ª.
Fotos de Luou

No hay comentarios:

Publicar un comentario