En Cambados competíase na tarde de onte sábado no XXXXIV GRAN PREMIO DO ALBARIÑO e alí Raúl Fernández subía o Pódio cun gran 2º posto.
Os Benxamíns eran os primeiros en saltar a pista e aquí sorprendíannos dous "rosaleiros" nos primeiros postos como eran os acadados por David Carnero e Sergio Vicente que cos seus 5º e 6º postos que demostraron que cando os seus compañeiros que normalmente están nos primeiros postos fallan, eles están ahí para demostrar a súa valía. David Rodríguez e Alberto García tamén colleitaban bos postos o rematar 10º e 11º respectivamente.Dous erros cometidos por Yasir Martínez impedianlle subir o "caixón" o mesmo que Irea Villa e Rubén Carnero que remataban 18º, 20ª e 21º. Tres erros eran os que cometía Iago Alvarez para rematar 27º.
En Alevíns boa carreira de Mario Fernández que remataba 13º e María Correa que se facía coa 22ª posición absoluta e 2ª Fémina.
Era logo a volta dos Infantís i Ero Sobrino voltaba a ser o millor rosaleiro no posto 23º, seguíanno Manuel Dorna no 25º, Xoel Villa 31º e Zaida González 34ª.
Chegaban os Cadetes e aquí Raúl Fernández voltaba a facerse notar xa dende os inicios da carreira o estar sempre nos primeiros postos, saltando a tódolos ataques dos seus riváis e tentando unha que outra escapada para o final da carreira nun gran esprint acadar ese 2º posto. Pola súa banda Cristóbal Coimbra mediada a carreira era baixado da mesma polos Xuíces Arbitros.
Para rematar serían os Júnior os que loitarían pola preciada Folla de Prata que acredita o vencedor nunha carreira que se disputaría polo sistema de eliminación do último en cada paso por meta.
Na terceira volta Antonio Portela retirábase da carreira por problemas mecánicos na cadea de transmisión
e nesas tres primeiras voltas era Adrian Dorna o protagonista o saltar do pelotón e estar escapado durante as mesmas para o final rematar no 32º lugar da clasificación. Adrian Vicente sería o seguinte en caer no posto 26º; Alex lomba 16º e Manuel González 11º remataban a "faena".
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario