Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

miércoles, 15 de agosto de 2012

VITORIA DE IREA, DOUS SEGUNDOS E DOUS TERCEIROS POSTOS EN VIANA DO CASTELO



Os integrantes do Club Ciclista O Rosal fixéronse notar na mañán de hoxe domingo en Santa Marta de Portuzêlo (Viana do Castelo, Portugal) cuhna colleita de oito trofeos.
Os Benxamíns comenzaban dunha maneira dominante durante a primeira fase da competición e non sería ata o final cando lles quitaban o primeiro posto e quedban as portas  de copar o Pódio. Yasir quedábase nun formidable 2º posto o mesmo que Iago Alvarez que facía 3º; Irea pola sua banda estaba a piques de subir o caixón co 4º posto absoluto pero lucíase na categoría feminina e cadaba o 1º posto polo que subía o máis alto do Pódio. David Rodríguez que cometía un erro tamén entraba nos dez primeiros o quedar no 10º posto e Sergio Vicente remataba 16º. Pola súa banda Laura Teniente acadaba o 19º posto absoluto e 3ª en Féminas polo que tamén subía o Pódio o que significaba a súa estrea entre as premiadas polo que dende aquí a felicitamos e desexamoslle que sexa o primeiro dunha grande série éxitos.
En Alevíns gran actuación da nosa representación donde María Correa remataba 24ª absoluta e 2ª en Féminas polo que tamén subía o “caixón”. Pola súa banda Mario Fernández remataba un posto máis retrasado, concretamnte no 25º.
 En Infantís grande carreira das Feminas con Zaida González que tamén subía o Pódio o rematar 3ª. Por quedar entre as primeiras tamén levaban Claudia i Elsa Portela o quedar4 ª e 5ª respectivamente. En Masculino Manuel Dorna remataba 33º e Xoel Villa 35º.
Para rematar a xornada era a volta dos Cadetes e alí representábanos Raúl Fernández que o remate acadaba o 8º posto.
O vindeiro sabado celébrase o 13º Trofeo Vila de Luou no concello coruñés de Teo a partir das 16:30 horas.
Por outro lado tamén queremos suliñar que o corredor Junior do Club Ciclista O Rosal, Antonio Portela, foi seleccionado para competir representando a Selección Galega nos Campionatos de España Júnior que se van celebrar os días 24, 25 e 26 en Cantabria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario