Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 2 de octubre de 2023

O MINI BTT TAMÉN PECHA A TEMPADA 2023

 


Co II Mini DH organizado polo Club Ciclista Coruxo dábase por rematada a tempada 2023 de Mini Btt con catro dos nosos ciclista que tomaban parte no mesmo.

Hugo Torres remataba no sétimo posto da categoría Promesa, Mentras que Xoel González e Tiago Cedeira facían 12º e 26º respectivamente na categoría Alevín. Remaaba a faena roi Alvarez que era 24º en Infantil.

Fin de tempada e fin dun ciclo, pois despois de 15 tempadas e 732 crónicas, éste "cronista" pecha o seu ciclo neste Blog no que o longo de todos estes anos a misión foi a de  mantervos sempre informados das actividades dos nosos rapaces e rapazas.

Moitas grazas


domingo, 24 de septiembre de 2023

O PECHE DE TEMPADA TRAE CINCO PODIOS CON VITORIAS DE ANTÍA E ROI

A tarde de onte en Burgueira (Oia), supoñía o peche a tempada 2023 de carretera con outros cinco podios.

Na categoría Promesa Roi Fernández facía 4º e Hugo Torres 5º, mentras que en feminino dende a cuarta ata a iotava posición eran das nosas rapazas con Aylen Sueiro, Luna Villanueva, Elisa Vázquez, Aysel Sueiro e Alba González.

Segundo posto de Lucía González e terceiro de Alba Rascado en Principiante feminino acompañadas do 3º de Marco Rodríguez e o 11º de Lucas Amaro.

En Alevín 16º para Diego Coimbra e 18º para Tiago Cedeira. En féminas Antía Fernández confirmaba a súa gran tempada con outra vitoria mentras que Saray Coimbra era novena.

Fantástica despedida da categoría  Infantil para Roi Alvarez, consagrandose como o gran dominador da mesma, xa que dende mediados da tempada non baixou do podio e desta vez o facía con outra vitoria. Pola súa parte Aitor Rodríguez sofría problemas mecánicos que non lle deixaban ir máis alá do 11º posto.

En Cadete quien tamén tiña problemas o romper o cable do cambio e non poder facer uso do mesmo era Unai Fernández que a pesares de todo remataba na sexta posición mentras que a súa compañeira de categoría Irene Rodríguez colleitaba o cuarto posto.

Por outra banda na mañá de hoxe tamén se competía en Santiago no Mini Btt da capital de Galicia con Rosalía González 14ª en Benxamín e Aitor Castro 23º e Lucas González 24º en masculino.

En Promesa o 4º posto era para Iván Lázaro, o 24º de Roi Fernández e o 30º de Simón Amaro.

En Principiante 17º lugar para Lucas Amaro.

Remataba a categoría Alevín con Xoel González no 19º posto, Aitor Gil no 28º e Mateo Rodríguez no 32º.

OIA

SANTIAGO


 

lunes, 18 de septiembre de 2023

O PUMP TRACK DE OURENSE REMATA CON UN PODIO

 

Nesta fin de semana non habendo outras competicións, cinco dos nosos desprazaronse o Pump Track de Ourense co "botín" dun podio.

Comenzaban os Promesa con Lucas González 19º, Hugo Torres 20º e Simón Amaro 26.

Xoel González facíase co 10º posto en Alevín e Bea Vicente traía para O Rosal o trofeo como primeira clasificada na categoría Master 30 feminina.

FOTOS

domingo, 10 de septiembre de 2023

O SALDO DA FIN DE SEMANA SON CINCO NOVOS PODIOS

 

 

Publicación do resumo de resultados acadados na fin de semana.

MINI BTT CORUXO

BENXAMÍN FEMININO: Rosalía González 8ª

BENXAMÍN MASCULINO: Lucas González 10º e Aitor Castro 14º.

PROMESA MASCULINO: Iván Lázaro 2º e Darío Castro 14º.

ALEVÍN MASCULINO: Xoel González 13º, Aitor Gil 20º e Mateo Rodríguez 23º.

 

TROFEO FESTAS DE SETEMBRO (PONTEAREAS)

PROMESA FEMININO: Elisa Vázquez 5ª e Alba González 6ª.

PROMESA MASCULINO: Roi Fernández 9º e Hugo Torres 10º.

PRINCIPIANTE FEMININO: Lucía González 2ª e Alba Rascado 3ª.

ALEVÍN FEMININO: Antía Fernández 2ª e Saray Coimbra 8ª.

ALEVÍN MASCULINO: Xoel González 14º, Diego Coimbra 16º e Iker González 21º.

INFANTIL MASCULINO: Roi Alvarez 2º e Aitor Rodríguez 24º.

CADETE FEMININO: Irene Rodríguez 6º.

CADETE MASCULINO: Unai Fernández 8º.

 

CORUXO

PONTEAREAS

domingo, 3 de septiembre de 2023

A NOCTURNA DE PORRIÑO E MINI BTT DE CAMBRE

Contamos con tres novo podios na tarde-noite de onte na Nocturna de Porriño con Lucía, Antía e Roi.

En Promesa 5º posto de Roi Fernández, 8º de Hugo Torres e 11º de Simón Amaro. En féminas 5º de Luna Villanueva, 6º de Aylen Sueiro, 8º de Aysel Sueiro, 9º de Elisa Vázquez e 10º de Alba González.

En Principiante 9º para Marco Rodríguez e 18º de Lucas Amaro. A fémina Lucía González colleitaba o primeiro dos podios da xornada o rematar no segundo posto, acompañada de Alba Rascado na 4ª posición.

En Alevín nova vitoria de Antía Fernández que parece terlle collido o "tranquillo" para estar sempre nas primeiras posicións. Pola súa parte Saray Coimbra era novena, mentras que en masculino o irmán desta última, Diego Coimbra facía 21º en masculino.

De novo o caixón máis alto do podio era para Roi Alvarez gracias a súa vitória na categoría Infantil.

Cuarto posto de Irene Rodríguez en Cadete con Unai Fernández 8º en masculino.

Na mañá de hoxe no Mini Btt Concello de Cambre anotamos o 26º posto de Mateo Rodríguez en Alevín e o 13º de Roi Alvarez en Infantil.

PORRIÑO

CAMBRE
 

domingo, 27 de agosto de 2023

DEZ PODIOS NO TROFEO PISTA DAS FAIAS E MEDALLA DE OURO PUMP TRACK EN MONDARIZ

 


A tarde de onte sábado foi a da organización do XXXI TROFEO PISTA DE AS FAIAS por parte da nosa entidade o Club Ciclista O Rosal cun total de 180 participantes de Galicia e o veciño Portugal. Nesta tarde repartíanse un total de 33 trofeos dos que 10 quedaban para @s integrantes do noso clube, trofeos que serían entregados polo concelleiro Roxélio Fernández, o noso Presidente de Honra Gerardo Álvarez, o presidente da Comunidade de Montes de San Xoan de Tabagón Argimiro Martínez, o directivo da F.G.C. Óscar Sanchez e a nosa tesoureira Belén Fernández.

Mentras tanto en Mondariz disputábase o Campionato de Galicia de Pump Track, donde a nosa Master 30, a rosaleira Bea Vicente debutaba nesta especialidade e se facía coa Medalla de Ouro.

Voltamos as Faias para comentar o acontecido nas distintas categorías, comenzando pola de Promesa feminina donde chegaba o primeiro dos podios da xornada con Luna Villanueva no terceiro posto, seguida inmediatamente pola nova “fichaxe” e debutante Aylen Sueiro no 4º posto, Elisa Vázquez 6ª, a tamén debutante Aysel Sueiro 7ª e Alba González 8ª. En masculino os dous primeiros postos tamén eran “rosaleiros” coa vitória de Iván Lázaro, o segundo posto dun gran Darío Castro, o 6º de Roi Fernández, 15º de Hugo Torres, 16º de Simón Amaro, 20 de Aitor Castro e 22º de Lucas Pérez.

En Principiante tamén repetíamos primeiro e segundo con Lucía González e Alba Rascado respectivamente. Pola banda masculina a fín Marco Rodríguez acadaba a ansiada vitória o dominar na xincana como na proba de fondo. Pola súa parte Lucas Amaro facía 9º.

En Alevín presenciamos a gran carreira de Antía Fernández que se marchaba coas corredoras infantís, deixando as súas riváis sen opción e facendose cun gran triunfo. A sú compañeira Saray Coimbra clasificaba 7ª. En masculino os rosaleiros entraban en dou grupos, no primeiro deles cruzaban a liña de meta Iker González, Mateo Rodríguez e Diego Coimbra nos postos 15º, 16º e 17º respectivamente. No segundo grupo entraban Tiago Cedeira 22º e Aitor Gil 23º, este último vítima dunha avería mecánica.

Chegamos a categoría Infantil donde nos vemos na obriga de resaltar outra nova xesta de Roi Álvarez e a gran prestación de Aitor Rodríguez nunha carreira que comenzaba con este último dominando as dúas primeiras voltas en compañía de Roi. A falta de seis volta a Pista das Faias, Roi decidía efectuar un poderoso ataque o que os seus riváis non eran quen de dar resposta, para desta maneira entrar na liña de meta con case media volta de vantaxe.

Rematamos coa categoría Cadete cos dous derradeiros podios da xormada, o primeiro deles da man da fémina Irane Rodríguez que desexosa de agradar o seu público, se facía cunha gran segunda posición mentras que en masculino outra brillante actuación de Unai Fernández facía que se fixese co terceiro posto.

Como sempre non nos queda outra que agradecer a presenza de tódolos equipos e deportistas participantes, así como a colaboración da nosa “gran familia” que coa súa axuda nas distintas áreas, fixeron que este XXXI Trofeo Pista de As Fais voltase a ser outro éxito.

AS FAIAS

MONDARIZ

lunes, 21 de agosto de 2023

MOREA DE PODIOS ESTA FIN DE SEMANA

 


Esta foi unha prolífica fin de semana  na cidade olívica, donde no XLIX GRAN PREMIO CICLISTA CIDADE DE VIGO, a nosa representación "acarretou" para terras "rosaleiras" un total de sete podios.

No sábado comenzábase pola categoría Promesa cunha nova vitória de Iván Lázaro, seguido moi de perto por Roi Fernández que facía 6º. Un chisco máis retrasados clasificaban Hugo Torres 9º e Simón Amaro 16º. Mentras tanto en féminas Elisa Vázquez facía 7ª e Alba González 8ª.

O segundo dos podios chegaba da man de Lucía González en Principiante, con Alba Rascado no 4º. En masculino gran posto tamén para Marco Rodríguez que tamén subía o podio no terceiro "caixón".

En Alevín de novo Antía Fernández facía unha moi boa prestación que tiña como recompoensa o trofeo do segundo posto, mentyras que Saray Coimbra facía 9ª. En masculino o primeiro rosaleiro era Mateo Rodríguez 13º con Iker González 16 e Diego Coimbra 17º.

Quinto podio consecutivo para Roi Alvarez que se facía cunha brillante vitória na categoría Infantil. Por detrás entraba Aitor Rodríguez 23º clasificado.

En Cadete merecidísimo segundo posto de Irene Rodríguez que levebe toda a tempada na procura deste podio. En masculino Unai Fernández Remataba 10º.

Na mañá de onte domingo, de novo en Vigo con Cronoescalada o Monte Castro incluída, Irene voltaba a facerse co segundo posto mentras que Unai subía dous postos con respecto o sábado e facía 8º.

FOTOS

Para este vindeiro sábado 26 o Club Ciclista O Rosal organiza o XXXI TROFEO PISTA DE AS FAIAS en Tabagón e alí vos esperamos.



martes, 15 de agosto de 2023

LUCÍA GONZÁLEZ E DE NOVO ROI ALVAREZ, OUTRA VEZ NO PODIO

 



Na mañá de hoxe tocou desprazamento a Betanzos, donde o clube desta vila organizaba o VII Trofeo Festas de San Roque.

Roi Fernández na categoría Promesa se levaba o  9º posto mentras que en féminas o 4º era para Alba González.

En Principiantes chegaba o segundo posto de Lucía González que lle daba dereito a subir o podio e recoller o seu trofeo. En masculino Marco Rodríguez era 6º.

Na categoría Alevín, de novo moi perto dos postos de podio para Antía Fernández que remataba no quinto posto mentras que a súa compañeira Saray Coimbra facía oitava. En masculino o 15º posto era para Iker González, o 17º para Mateo Rodríguez e o 19º para Diego Coimbra.

O que leva catro carreiras seguidas subindo o podio da categoría Infantil é Roi Alvarez que despóis de tirar do pelotón a maior parte da carreira o fín remataba cun estupendo terceiro posto mentras que Aitor Rodríguez era 28º.

Rematamos coa categoría Cadete con Unai Fernández no 7º posto e co 6º de Irene Rodríguez en féminas.

BETANZOS

domingo, 13 de agosto de 2023

IVÁN LÁZARO E ROI ÁLVAREZ CONTINÚAN COLLEITANDO PODIOS


Comenzamos onte sábado no XXII Gran Premio Concello de Cambre coa categoría Promesa na que Roi Fernández se facía co 5º posto, mentras que en Alevín o 17º era de Diego Coimbra. Nas féminas Antía Fernández quedaba as portas do podio o rematar na 4ª posición, mentras que a oitava era para Saray Coimbra.

O que segue en racha e domostrando o seu gran estado de forma é Roi Alvarez que leva tres carreiras seguidas sen baixar do podio e que na tarde de onte se facía de novo con outra vitória na categoría Infantil, secundado polo seu compañeiro Aitor Rodríguez que era 16º.

Remataba a nosa participación coa Cadete Irene Rodríguez que acadaba a 8º praza.

Na mañá de hoxe na localidade ourensá de Maceda disputabase o XVII Mini BTT desta vila na que Iván Lázaro estaba de novo no podio da categoría Promesa co segundo posto acadado. Roi Alvarez sería 14º .

Na categoría Benxamín Lucas González facía 13º, mentras que a súa irmá Rosalía era 11º e Alba González 14º en féminas.

O 11º posto era tamén para Lucía González na categoría Principiante, mentras que en Alevín o 50º era de Iker González e o 53º de Tiago Cedeira.

CAMBRE

MACEDA

 


 

lunes, 7 de agosto de 2023

VITORIA DE ROI E TERCEIRO POSTO DE UNAI NA CORUÑA



Antesdonte sábado, tanto Roi Alvarez como Unai Fernández, voltaban a demostrar no I Gran Premio Ciclista Cidade da Coruña que os adestramentos feitos a conciencia teñen a súa recompensa.

En Promesa Roi Alvarez acadaba o 4º posto e Hugo Torres o 11º, mentras que en féminas Alba González facía 5ª.

En Principiante Marco Rodríguez era 6º e Lucía González e Alba Rascado eran 4ª e 7ª respectivamente en féminas.

En Alevín o 14º era Mateo Rodríguez, o 22º para Diego Coimbra e o 23º para Iker González, mentras que en féminas Antía Fernández facía 5ª e Saray Coimbra 10ª.

Na categoría Infantil chegaba a primeira vitória de Roi Alvarez seguido de Aitor Rodríguez no 16º lugar.

Remataba Unai Fernández na categoría Cadete donde voltaba a subir o podio co terceiro posto.

Cambiando a onte domingo, Aitor Castro era o único rosaleiro en participar no II Mini BTT de Muras, donde se facía co 10º posto da categoría Benxamín

lunes, 31 de julio de 2023

VITORIA DE IVÁN LÁZARO NO MINI BTT DE SALCEDO

 

Na mañá de onte domingo disputouse o VII Mini BTT Comunidade de Montes de Salcedo (Pontevedra) co primeiro posto para Iván Lázaro na categoría Promesa. Estaría acompañado de Darío Castro 18º, Simón Amaro 23º e Hugo Torres 24º.

En Benxamín 8º posto para Aitor Castro e 17º para Lucas González, mentras que a fémina Rosalía González era 6ª.

En Principiante 15º posto de Marco Rodríguez e en Alevín 26º de Mateo Rodríguez e 29º de Aitor Gil, mentras que en Infantil Roi Alvarez facía 27º.

FOTOS

viernes, 28 de julio de 2023

PODIOS DE IVÁN, ALBA, ROI E UNAI NA PASADA FINDE SEMANA EN OIA


 





Cinco podios foron os que se acadador no pasado sábado día 22 no veciño concello de Oia, na proba organizada polo Club Ciclista Oiense.

Comenzamos pola categoría Promesa donde a debutante Elisa Vázquez acadaba o 5º posto. En masculino chegaba o primeiro dos podios, da man de Iván Lázaro que subía o segundo caixón. Era seguido por Darío Castro 7º, Aitor Castro 9º e Hugo Torres 12º.

En Principiante de novo Alba Rascado colleitaba un posto de podio o rematar 2ª. En masculino Marco Rodríguez clasificaba 15º.

En Alevín 13º posto para Saray Coimbra, mentras que en masculino Mateo Rodríguez era 14º e Diego Coimbra 24º.

En Infantil chegaba o primeiro podio na categoría para Roi Alvarez despois de agasallarnos cunha espectacular carreira e rematar no terceiro posto.

Non menos emocionate estivo a prestación de Unai Fernández que na carreira disputada polas estradas de Oia, A Guarda e O Rosal e que pasaba por diante da porta da súa casa, nos obsequiaba cun fantástico segundo posto na categoría Cadete, mentras que en féminas e no mesmo trazado, Irene Rodríguez remataba oitava.

No domingo 23 Xoel González tomaba a saída no II Mini DH de Manzaneda no que sofría unha caída  que se saldaba cunha fractura de clavícula.

O martes 25 no Mini Btt de Arteixo o 6º posto da categoría Promesa era para Aitor Castro, mentras que Iván Lázaro voltaba a subir o podio, concretamente no 3º posto en Promesa.

Remataban os irmáns Rodríguez Souto co 10º posto de Marco en Principiantes e o 43º de Mateo en Alevín.

OIA (Fotos do Facebook de Santiago Baz Lomba)

ARTEIXO

lunes, 10 de julio de 2023

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZOU OS CAMPIONATOS DE GALICIA

 


No día de onte as 11 da mañá daban comenzo os Campionatos de Galicia de Fondo en Estrada organizados polo noso Club Ciclista O Rosal para as féminas (tódalas categorías) e Cadete e Junior masculino. en féminas o título de campioa Cadete foi para Lorena Patiño (XSM), o de Junior para María Filgueiras, Sub23 para Laura Mira (EQUIPO FARTO) e o de Elite para Mª Jesús Noya (Kiwi Atlántico-Louriña).

En masculino o título de campión Cadete foi para Carlos Candal (C.C. Cambre), mentras que o de Junior era para Sergio Calvo (Eolo Kometa).

Por parte rosaleira tomaban a saída Unai Fernández 7º en Cadete masculino e Irene Rodríguen en Cadete masculino. O outro rosaleiro era Iker Rodríguez (C.C. Padronés), 23º en Junior.

Dende estas liñas, agradecemos a inestimable colaboración dos Concellos de O Rosal, A Guarda, Policias locáis de O Rosal e  A Guarda, Protección Civil, Xunta de Galicia e os membros da DGT. Agradecemos tamén a colaboración de CODELAUTO que poñía a nos disposición unha flota de seis vaícula e a ZONA DE OBRA polo patrocinio deste campionatos. Non podemos deixar de agradecer a indispensable colaboración de voluntarias e voluntarios que co seu afán de colaborativo fixeron que estes campionatos fosen outro éxito para o noso clube.

O ROSAL


 

En Outeiro de Rei mentras tanto tamén se participaba no Mini BTT Penas de Rodas con Rosalía González no 8º posto de Benxamín feminino, o 12º de seu irmán Lucas en masculino, 16º de Aarón del Río en Promesa, 9º de Zoe del Río en feminino, 10º de Zoe del Río en Principiante, para rematar con Xoel González 6º e Mateo Rodríguez 32º en Alevín.

OUTEIRO DE REI

domingo, 2 de julio de 2023

CATRO DESTINOS CON VARIOS PODIOS NA FIN DE SEMANA

 




Comenzamos esta fin de semana o venres e sábado en Cartagena (Murcia), o mesmo sábado en Esmelle e hoxe domingo en Betanzos e Teis.

O venres e sábado en Cartagena, o Infantil Roi Alvarez participaba por primeira vez nuns Campionatos de España en Idade Escolar. No venres na proba en ruta acadaba o 35º posto e no sábado en xincana o 25º.

MINI DH VAL DE ESMELLE

BENXAMIN: Lucas González 6º. ALEVÍN: Xoel González 9º.

 

MINI BTT CAIMANES (BETANZOS)

BENXAMIN: Aitor Castro 7º e Lucas González 9. FEMININO: Rosalía González 8ª.

PROMESA: Iván Lázaro 3º e Darío Castro 15º. 

ALEVÍN: Xoel González 9º e Mateo Rodríguez 29º.

 

G.P. CICLISTA TEIS 

PROMESA: Roi Fernández 4º e Hugo Torres 15º. FEMININO: Alba González 3ª.

PRINCIPIANTE: Narco Rodríguez 4º. FEMININO: Alba Rascado 2ª e Lucía González 5ª.

ALEVÍN: Iker González 13º. FEMININO: Antía Fernández 4ª.

INFANTIL: Aitor Rodríguez 10º

CADETE: Unai Fernández 3º.

ESMELLE

BETANZOS

TEIS



domingo, 25 de junio de 2023

VITORIA DE LUCÍA E PODIO TAMÉN PARA OS IRMÁNS ALVAREZ FERNÁNDEZ

 



53º G.P. DO ALBARIÑO en Cambados con tres novos podios para a nosa formación da mán de Lucía, Antía e Roi.

Os primeiros en entrar en escena era a categoría Promesa co segundo posto de Roi Fernández, o 7º de Darío Castro e o 18º de Hugo Torres. En feminino, Alba González era 5ª.

A Lucía González voltaban a sairlle moi ben as contas, pois facíase cunha brillante vitória na categoría Principiante feminino.

Antía Fernández ultimamente tamén está aboada o podio, pois na categoría Alevín feminino votaba a colleitar outro terceiro posto, mentras que a súa compañeira Saray Coimbra era 8ª. En masculino Diego Coimbra era 20º e Iker González 21º.

O 11º posto de Infantil era para Roi Alvarez e o 19º para Aitor Rodríguez.

Ramataba a categoría Cadete con Unai Fernández 6º, o mesmo que a fémina Irene Rodríguez que tamén facía 6ª.

CAMBADOS


sábado, 17 de junio de 2023

PODIO DE IVÁN LÁZARO EN MARÍN

Hoxe de mañá en Marín disputouse o Mini Btt de Xaxán coa participación do noso equipo, donde se acadou un podio e un cuarto posto.

Comenzóu a categoría Benxamín, donde o millor clasificado era Aitor Castro co 6º posto, seguido de Lucas González no 14º. En féminas Rosalía González facía 8ª.

En Promesa chegaba o tan ansiado podio de Iván Lázaro o rematar terceiro. Roi Fernández sería 15º e Simón Amaro 24º.

En Principiante o 16º lugar era para Marco Rodríguez.

Pechamos coa categoría Alevín donde Xoel González a piques estaba de subir o podio o rematar no 4º posto, mentras que Aitor Gil era 21º, Mateo Rodríguez 31º e Tiago Cedeira 53º.

Logo pola tarde a nosa Cadete Irene Rodríguez partía cara a Cambados para participar na X RUTA DO ALBARIÑO

MARÍN

 

lunes, 12 de junio de 2023

FIN DE SEMANA DE CICLISMO EN POIO E BEMBRIVE (VIGO) E SALAMANCA

 





Este domingo mentras pola mañá un equipo se desprazaba a POIO, pola tarde a outro lle tocaba en BEMBRIBE (VIGO).

No VIII MINI BTT DE POIO eran 9 integrantes do noso equipo os que se pesprazaban, con estes resultados.

En Benxamín o primeiro clasificado era Aitor Castro no 12º posto, seguido por Lucas González 15, mentras que en feminino Rosalía González era 9ª.

En Promesa, gran resultado moi pretiño do podio de Iván Lázaro que acadaba o 5º lugar da clasificación, con Darío Castro 19º e Roi Fernández 28º.

Rematamos coa categoría Alevín donde de novo Xoel González quedaba tamén moi ben clasificado co 5º posto. Mateo Rodríguez era 35º e Aitor Gil 44º.

***********************************************************************************

Pola tarde ata Bembrive eran 11 os desprazados cunha boa colleita de podios.

En Promesa feminino, para Alba González.

En Principiante feminino, dobrete co 1º e 2º posto para Lucía González e Alba rascado respectivamente, metras que en masculino Marco Rodríguez tamén subía o podio co 2º posto.

A que non deixa de sorprendernos é Antía Fernández que no día de hoxe acadaba a súa primeira vitória en Alevín feminino, mentras que Saray Coimbra facía 6ª. En masculino 8º era Diego Coimbra e 9º Iker González.

En Infantil outro que tamén subía o podio era Roi Alvarez co 3º lugar do mesmo, mentras que Aitor Rodríguez tamén rubricaba unha gran carreira que se vía recompensada co 12º posto.

Rematamos con Irene Rodríguez que en Cadete féminas acadaba un gran 6º posto.

***********************************************************************************

Moito máis lonxe, na comunidade autónoma de Castela e León no día do sábado daba comenzo a III CHALLENGE CADETE PROVINCIA DE SALAMANCA na que o noso Unai Fernández participaba coa Selección Galega. Na primeira etapa disputada o sábado entre o Yacimiento de Siega Verde e Ciudad Rodrigo sobre un percorrido de 63 km. Unai clasificaba 83º. Xa no día de onte era a segunda e derradeira etapa entre Las Veguillas e Galinduste cun percorrido de 62 km donde clasificaba no 78º posto.

POIO

BEMBRIVE