Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 26 de julio de 2015

5º MINI BTT DE GULANS (PONTEAREAS)

Na mañán de hoxe domingo e aproveitando que esta fin de semana non había competición de estrada, cinco dos nosos ciclistas decidiron acudir o 5º Trofeo de Mini BTT de Guláns en Ponteareas.
A pesar de que os nosos ciclistas partían en desvantaxe por sair nas derradeiras posicións o non contar no ranking, as súas prestacións foron óptimas.

En Principiantes Iker Rodríguez que partía último, conseguía adiantar algunhas posicións e remataba 32º mentras que a seguir era o Alevín Adrián Alonso quien tamén dende a derradeira posición avanzaba superando varios dos seus riváis para rematar no 29º posto.

Remataban os infantís con gran carreira de Mario Fernández e Diego Santomé que remontaban dende os derradeiros postos de saída para rematar nos pos postos 7º e 8º respectivamente mentras que a súa compañeira de categoría Irea Villa acadaba a 7ª posición en Infantíl Feminino.
Fotos da carreira

domingo, 19 de julio de 2015

MEDALLA DE BRONCE DE ZAIDA NO CAMPIONATO DE GALICIA E VITORIA DE RUBÉN NO G.P. MEIXOEIRO



Xornada con dous frentes onte sabado, por unha parte os Campionatos de Galicia de Fondo  para Cadetes e Júnior en Marín e polo outro lado o G.P. Ciclista do Meixoeiro.

Comenzabamos en Marín as 14:30 cos Campionatos de Galicia coa categoría Júnior Masculina donde tomaban a saída os nosos ciclistas Ero Sobrino e Xoel Villa. Nesta categoría os dous eran baixados da carreira o perder moito tempo respecto a cabeza da carreira e concretamente isto acontecía no kilómetro 15 para Xoel e no 20 para Ero rematando 29º e 25º respectivamente

A seguir era o turno das Féminas con María Correa en Cadete e Zaida González en Júnior. María tamén lle acontecía o mesmo dos seus compañeiros da categoría Júnior e tamén era baixada cando ocupaba o 5º posto da carreira na que continuaría Zaida loitando sempre nas primeiras posicións para tratar de acadar unha das medallas en xogo. Éste traballo tería a súa recompensa final coa Medalla de Bronce o rematar 3ª por detrás de Paula Sanmartín (CAF) e Irene Trabazo (C.C.Marín). PARABÉNS ZAIDA.

Outra esperanza dun bon resultado era en Cadete Masculino con Manuel Dorna que era a derradeira categoría en tomar a saída pero aquí Manu non tiña a súa tarde non sendo capaz de seguir os seus rivais, sendo baixado tamén da carreira cando marchaba na 20º posición.

Xa máis tarde as 17.30 en Vigo tiña lugar a disputa do 27º G.P. Meixoeiro para as categorías de Escolas donde comenzaban os Alevíns cunha boa carreira de Adrián Alonso que remataba 13º con Sergio Vicente tamén moi combativo no 15º seguido por David Rodríguez no 24º e Yasir Martínez 27º mentras que a Fémina Laura Teniente a piques estaba de subir o "caixón" o rematar na 4ª posición.

En Infantís facíanse ver Mario Fernández e Diego Santomé durante toda a carreira no pelotón de cabeza para ceder nos derradeiros metros e rematar  8º Mario e 9º Diego mentras que David Fletcher acadaba o 21º posto. En Féminas Irea Villa acadaba o 5º posto.

Remataban a xornada os "ximcaneiros" con David Vicente no 4º posto e Pablo Rodríguez no 8º en Promesas mentras que en Principiantes Iker Rodríguez era 6º e David Carnero 5º mentras que cun tempo de 28 segundos Rubén Carnero superaba a Mario Benavides (C.C.Teis) para facerse co primeiro posto e levarse o Trofeo do Meixoeiro da categoría.
Fotos do Campionato de Galicia
Fotos do G.P. Meixoeiro

lunes, 13 de julio de 2015

PODIO DE IREA VILLA EN CANGAS

Na mañán de onte domingo os nosos ciclistas disputaron o 11º Tofeo C.C. Cangas cun pódio de Irea Villa.

En Promesas tanto Pablo Rodríguez como David Vicente cometía un erro na súa Ximcana e ocuparían os postos 4º e 7º respectivamente. Outro tanto lle acontecía o Principiante Iker Rodríguez que tamèn con outro erro remataba no 8º posto.

En Alevíns era Luís Mendez o millor clasificado o rematar no 10º posto mentras que Yasir Martínez era 15º, Adrián Alonso 16º, Sergio Vicente 20º e David Rodríguez 23º,

Remataban os Infantís e tanto Diego Santomé como Mario Fernández partían con serias opcións de pódio , pero unha mala estratéxia de colocación impedíalles loitar no esprint final por eses postos de honor e facía que rematasen  10º e 12º respectivamente mentras que Iago Alvarez facía 17º.
Sería na categoría de Féminas donde se acadaba o único pódio “rosaleiro” neste desprazamento a Península do Morrazo, pódio que viña da man de Irea Villa que remataba segunda.

Mentras todo isto acontecía en Cangas, a Cadete Feminina María Correa competía en Lorca (Murcia) nos Campionatos de España en Idade Escolar donde acadaba un meritório 27º posto.

sábado, 11 de julio de 2015

SEGUNDO POSTO DE ZAIDA NO 5º G.P. CONCELLO DE OLEIROS DE BTT-RALLI

Na tarde de hoxe Zaida González acadaba outro pódio máis para a súa colección o rematar segunda en Féminas Júnior no 5º G.P. Concello de Oleiros (A Coruña) de BTT-Ralli.
Os seus compañeiros Xoel Villa i Ero Sobrino remataban 5º e 6º respectivamente en Júnior Masculino.

En Cadete foi donde tivemos unha grande desilusión, pois Manuel Dorna cando era líder destacado e se dirixía cara a vitória, sofría un inoportuno pinchazo nunha roda e optaba por abandonar o perder todas as opcións de clasificarse. O dito, unha mágoa pero outra vez será.

Polo que respecta a Cadete María Correa, comentar que se atopa en Lorca (Murcia) donde mañán vai defender as cores da Selección Galega nos Campionatos de España.
Fotos da carreira

domingo, 5 de julio de 2015

PLENO ROSALEIRO COS IRMANS CARNERO TAVEIRA E PABLO EN PRINCIPIANTES

Gran xornada dos tres Principiantes que na mañán de hoxe competiron en Teis o facer pleno e copar os tres postos do pódio.
Rubén Carnero facíase co primeiro posto, David Carnero co segundo e Pablo Rodríguez co terceiro na Ximcana, pero por si isto fose pouco, nunha carreira que efectuaban o rredor do Mercado de Teis, Rubén voltaba a subir o pódio o rematar terceiro e David cuarto mentras que en  Promesas Pablo levaba outro trofeo o rematar 2º.

En Alevíns Luís Mendez remataba 11º, Adrián Alonso 16º, Yasir Martínez 18º e David Rodríguez 25º.

En Infantís suliñar a gran carreira de Diego Santomé que nunha chegada o esprint e que por tan só dous metros se lle escapaba o segundo posto, o final remataba nun prometedor 5º posto mentras que Mario Fernández era 13º e Iago Alvarez facía 22º. En Féminas Irea Villa acadaba o 7º posto.

Remataban os Cadetes e a Fémina María Correa con problemas por mor da rotura do cable do cambio, tiña que conformarse coa 4º posición mentras que os seus compañeiros masculinos tiñan unha mala xornada e Manuel Dorna remataba 27º e Fran Mendez 30º.

Destacamos que María Correa ven de ser seleccionada para representar a Galicia nos Campionatos de España en Idade Escolar a disputar a vindeira fin de semana en Lorca. Todo o apoio do C.C. O Rosal vai para María.

lunes, 29 de junio de 2015

MEDALLA DE PRATA PARA ZAIDA NO CAMPIONATO DE GALICIA DE BTT


Sin tempo para descansar, na mañán de onte domingo catro d@s nos@s ciclistas enprendían camiño de Maceda para participar no Campionato de Galicia de BTT-XC e xa a primeiras horas da tarde voltaban cunha Medalla de Prata.

En Cadete Feminino María Correa acadaba un gran 6º posto mentras que en Masculino Manuel Dorna tamen acadaba outro posto destacado o rematar 10º.

Remataban os Júnior i Ero Sobrino facíase ver o colleitar un gran 6º posto.
De novo de mans de Zaida González chegaba a Medalla de Prata o proclamarse Subcampiona de Galicia nunha gran carreira na que loitou continuamente para acadar postos de pódio.
Fotos de Ludi Martínez

3ª VOLTA CONCELLO DE NEGREIRA CON ZAIDA NO SEGUNDO POSTO

Na tarde do sábado en Negreira voltabamos a conquistar outro pódio.

Diego Santomé era o Infantil millor clasificado pois liderou a carreira o inicio pero segundo ian pasando as voltas, foise afundindo para rematar no 16º posto mentras que Iago Alvarez era 29º. En Féminas Irea Villa remataba 5ª.

En Cadete Manuel Dorna acadaba o 17º posto mentras que María Correa era 4ª en Féminas.

Remataban os Júnior e aquí Zaida González voltaba a subir o pódio o rematar na 2º posición mentras que os seus compañeiros masculinos Ero Sobrino e Xoel Villa remataban 19º e 20º respectivamente
Fotos da carreira

domingo, 21 de junio de 2015

ZAIDA VENCE EN VIVEIRO E MARIA ACADA O TERCEIRO POSTO


Onte sabado pola tarde tres integrantes da nosa plantilla competían no 32º Trofeo San Roque de Viveiro con grandes resultados de novo.

En Infantís bon resultado de Diego Santomé que vai demostrando a sua adaptación o ciclismo despois de ter debutado coa temporada xa iniciada.
No estrictamente deportivo comentar que Diego fixo unha carreira moi constante pelexando sempre no pelotón para estar nos primeiros postos. Nas derradeiras voltas quedábase un chisco descolgado e remataba a carreira no 15º posto.

En canto as Féminas María Correa e Zaida González disputaban a sua carreira conxuntamente cos Cadetes Masculinos na que María quedaba algo retrasada para loitar polo Podio nun gran sprint final acadando o terceiro posto de Cadete Feminino, mentras que Zaida aguantaba cos "rapaces masculinos" ata as derradeiras voltas o que lle valía para facerse coa vitória de Júnior Feminino.
Fotos de Ludi Martínez

lunes, 15 de junio de 2015

I MINIBTT DE CAMPELO (POIO)

Como esta fin de semana non había competición de estrada, catro dos nosos ciclistas aproveitaban para participar no I MiniBTT de Campelo no concello de Poio, donde se defenderon con moita honra a pesar de sair todos eles nos derradeiros postos por non ter asistido a carreiras anteriores.

En Principiantes Iker Rodríguez acadaba un interesante 34º posto mentras que en Alevín, Luís Mendez tamen recuperaba moitas posicións e remataba 25º.

En Infantís eran dous os "rosaleiros" os que tomaban a saída e éstes sí que recuperaban pois Mario Fernández remataba no 5º posto e Diego Santomé no 8º.
Fotos de José Carlos Fenández

domingo, 7 de junio de 2015

VITORIAS DE PABLO E IKER, SEGUNDO DE DAVID CARNERO E TERCEIRO DE ZAIDA NO TROFEO MONTES DO ROSAL




Con catro Pódios (dous deles vitórias) se saldou a participación da plantilla do Club Ciclista O Rosal que na tarde de onte sabado organizóu o X Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña nunha tarde de moito calor.
Na categoría de Promesas Pablo Rodríguez estreábase no más alto do "caixón" o sacarlle o segundo clasificado nada máis nin nada menos que 22 segundos de vantaxe e desta maneira facerse coa vitória de forma incontestable.

En Principiantes día inesquecible tamén para Iker Rodríguez que por pouco máis de 2 segundos se facía coa vitória por diante do seu compañeiro de equipo David Carnero que era segundo mentras que o irmán deste último Rubén, cometía un erro e remataba 4º o que impedía o que oubese sido un Pódio completamente "rosaleiro".

En Alevíns boa a carreira de Luís Mendez que rodaba sempre cos primeiros para o fin rematar 9º mentras que Adrián Alonso era 15º, Yasir Martínez que vai demostrando a sua adaptación a categoría era 20º, David Rodríguez 23º e Sergio Vicente vitima dunha inoportuna avaría mecánica 32º mentras que a Fémina Laura Teniente a piques estaba de conseguir trofeo o rematar na 4ª posición.

Os Infantís rodaban tamén a bon ritmo pois Mario Fernández remataba 15º seguido de Diego Santomé 16º, David Fletcher 21º e Iago Alvarez 30º mentras que a Fémina Irea Villa con outra avaría mecánica, era 7ª da sua categoría.

O Cadete Manuel Dorna era o encarregado de defendernos nesta categoría cousa que facía con honra o rematar no 11º posto despois de mostrarse nos primeiros postos durante toda a carreira.

Despois sería a volta das Féminas donde competían as categorías de Cadete e Júnior con María Correa que acadaba o 4º posto en Cadete e con Zaida González que noutra demostración de combatividade "arrincaba" outro Pódio co terceiro posto en Júnior.
Suliñar que nestas dúas categorías femininas, o Club Ciclista O Rosal en prol da igualdade no deporte, adxudicáballe os mesmos prémios en metálico que as categorías masculinas.

En canto a derradeira carreira da xornada que estaba programada para a categoría Júnior Masculina, ésta tiña que ser suspendida xa que tanto a ambulancia como o médico que prestaban a asistencia médica na proba, tiñan que sair cunha urxencia, deixando a carreira sin servicio médico polo que a realización da prova era inviable.
Fotos de Ludi Martínez e Isa Rodríguez

domingo, 31 de mayo de 2015

X TROFEO COMUNIDADE DE MONTES SANTA MARIÑA

O vindeiro sabado 6 de xuño e a partires das 17:00 horas dará comenzo na Praza do Calvario o X Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña d´O Rosal organizado polo Club Ciclista O Rosal en colaboración coa propia Comunidade de Montes, Concello do Rosal, Conservas Vexetáis A Rosaleira así como outras firmas da vila que tamén aportan o seu "grao de area".
As probas van comenzar cunha Ximcana para as categorías de Promesas e Principiantes para de seguido dar paso as probas en estrada para as categorías de Alevín (3 voltas), Infantíl (7 Voltas), Cadete (15 voltas) e Júnior (25 voltas) sobre un percorrido de 1,6 Kms con saída e chegada na Praza do Calvario e discurrindo polas rúas Simón del Mazo, Morraceira, Gandarela, estrada de Santa Ana e Xesús Noia. Éstas rúas van estar cortadas o trafico polo que dende o Club Ciclista O Rosal pedimos disculpas os veciños polos atrancos que se lles poida causar e o mesmo tempo aproveitamos para convidalos a disfrutar do espectáculo do ciclismo dos máis "cativos" e o millor de todo é que é de valde. Contamos con todos vós.

PODIOS DE MARÍA EN PADRÓN E DE ZAIDA EN CAMBRE


Na mañán de onte sábado o noso equipo desprazábase até Padrón para disputar o Trofeo Sponsor.

Iker Rodriguez cometía un erro na sua Ximcana e quedaba relegado o 5º posto cando aspiraba o Pódio da sua categoría.

En Alevíns o millor clasificado era Luís Mendez que nunha boa carreira acadaba o 8º posto seguido de Adrian Alonso 13º, Sergio Vicente que en momentos liderou a carreira remataba 14º, David Rodríguez 19º e Yasir Martínez 23º.

En Infantís Diego Santomé acadaba o 25º posto e Iago Alvarez o 27º mentras que a Fémina Irea Villa era 7ª.

Remataban os cadetes e Manuel Dorna ofrecíanos unha gran actuación xa que en compañia de Andrés Da Silva (E.C. Redondela) estiveron escapados dende a saída até a volta nº 20 para despois seren alcanzados polo pelotón e rematar finalmente no 22º posto.
De seguido era María Correa a que nos brindaba o único Pódio colleitado nesta xornada acadando o terceiro posto en Cadete Feminino.

Pola tarde Zaida González e Adrián Santomé competían no XV G.P. Concello de Cambre de BTT e Zaida obtíña un gran 2º posto que lle valía para subir o "caixón" de Júnior Feminino mentras que en Masculino Adrián remataba 7º.
Fotos de Padrón 
Fotos de Cambre por Ludi Martínez

domingo, 24 de mayo de 2015

VITORIA DE ZAIDA EN CARBALLO QUE PASA A LIDERAR O RANKING


Disputabase na tarde de onte o Trofeo Concello de Carballo (A Coruña) cos seguintes resultados:

En Alevins o noso representante era Adrián Alonso que remataba no 17º posto mentras que en Infantís Mario Fernández se facía co 11º posto e Diego Santomé co 20º.

En Cadetes Manuel Dorna colleitaba o 26º posto mentras que a Fémina María Correa era 5ª.

Ramataban os Junior con Adrian Santomé que mediada a carreira quedaba descolgado da cabeza i era baixado da mesma mentras que Ero Sobrino sofría unha avaría mecánica que o obrigaba o abandono.
Gran carreira a da Fémina Júnior Zaida González que se facía coa vitória da categoría, o que tamén lle valía para facerse co "maillot" de líder do ranking.
Fotos de Ludi Martínez.

lunes, 18 de mayo de 2015

XVII TROFEO DA ASCENSION (SANTIAGO)


No sabado dia 16 disputabase nos arredores da Cidade da "Cultura" en Santiago o XVII Trofeo da Ascensión e estabamos a espera das clasificacións para poder facer a crónica, pero en vista de que a día de oxe (luns) ainda non foron feitas públicas solo nos queda salientar o debut da nova incorporación do Club Ciclista O Rosal, Diego Santomé Pérez (na foto) na categoría Infantil seguindo así os pasos do seu irmán Adrián que se incorporou nos inicios da tempada.

En Alevíns participaron Yasir Martínez, Sergio Vicente, Luís Mendez e David Rodríguez.
En Infantís os que tomaban a saída eran Mario Fernández, Diego Santomé e David Fetcher.
En Cadetes era María Correa a nosa representante mentras que Zaida González o facía en Junior.
Fotos de Ludi Martínez

domingo, 10 de mayo de 2015

PÓDIO DE IREA VILLA EN BOIRO

A de onte foi unha intensa xornada de ciclismo con tres frentes.

Pola mañán unha parte do equipo desprazabamonos até o Concello de Rois na provincia de A Coruña donde tiña lugar a disputa do VIII Trofeo San Isidro para a categoría de Júnior con Adrián Santomé, Ero Sobrino e Xoel Villa que tiñan unha actuación un tanto deslucida pois sagundo se foi desenrolando a carreira quedaron descolgados da cabeza i eran baixados da mesma, rematando así a carreira.Unha vez rematada e a modo de entreno voltaban a coller as bicicletas para pedalar durante 45 Kms. até terras do Barbanza donde pola tarde se disputaba o XXVIII Promoción de Ciclismo Boiro para Principiantes, Alevíns, Infantís e Cadetes.

En Principiantes o noso representante era David Vicente que cometía dous erros na Ximcana que o relegaban o 14º posto.

En Alevíns o “rosaleiro” mais rápido era Adrián Alonso no 12º posto seguido de David Rodríguez no 17º e Sergio Vicente no 18º.

En Infantís Mario Fernández voltaba a facer unha boa carreira “circulando” durante trece voltas en postos de cabeza para nas duas derradeiras voltas ceder terreo e rematar no 11º posto.
A súa compañeira de categoría Irea Villa era a encarregada de traer para O Rosal o único trofeo acadado na xornada o rematar no terceiro posto de Pódio en Féminas.
Tamén pola tarde o directivo Jenaro González realizaba a viaxe até Marín con Zaida González e María Correa que tomarían parte no Trofeo Ría de Marín - Copa de España Féminas no que Zaida na categoría Júnior quedaba descolgada do grupo principal i era baixada da carreira, mentras que María en Cadete remataba nunha meritória 21ª posición.

viernes, 1 de mayo de 2015

RUBEN CARNERO SOBE O PODIO EN PORRIÑO

Na mañán de oxe en Porriño e baixo a chuvia, disputábase o XXXVIII TROFEO VILA DO LOURO.

Comenzaban os "ximcaneiros" da categoría de Principiantes e Rubén Carnero facíase co 2º posto do Pódio seguido de Iker Rodríguez no 5º, David Carnero no 6º, Pablo Rodríguez no 14º e David Vicente no 23º.

En Alevíns suliñar a gran carreira de Adrián Alonso que marchou durante toda a carreira no grupo de cabeza para logo rematar no12º posto e Sergio Vicente que debutaba na categoría colleitaba un prometedor 22º lugar na clasificación.

En Infantís Iago Alvarez remataba 27º mentras que a Fémina Irea Villa era 9ª.
Fotos da carreira.

domingo, 26 de abril de 2015

ZAIDA FAISE CO SEGUNDO POSTO NO BTT DE ARTEIXO


De héroes temos que voltar a calificar @s nos@s ciclistas María, Adrián, Ero e Zaida, xa non polos resultados acadados sinón polo simple feito de ter participado no 10º Trofeo de  BTT Concello de Arteixo pois as condicións climáticas eran pésimas dende o início ata o fin pola inmensa cantidade de choiva que caía e que facía o percorrido ainda moito máis dificultoso.
A primeira en tomar a saída era a Cadete María Correa para defender as cores do Club Ciclista O Rosal
e que acadaba un grande sétimo posto para de seguido ser os Júnior os encarregados de continuar coa loita polos posto de honra, cousa a piques estaba de acadar Adrián Santomé o colleitar o 4º posto mentras que o seu compañeiro Ero Sobrino se facía co 10º.
Era en Júnior Feminino donde se acadaba o posto máis alto pois Zaida González moi loitadora como sempre era a que traía para terras "rosaleiras" o trofeo o acadar o 2º posto do "caixón".
Fotos de Ludi Martínez.

domingo, 19 de abril de 2015

VITÓRIA DE ZAIDA E TERCEIRO POSTO DE MARÍA EN PORTUGAL




Mentras que os seus compañeiros máis cativos competían no Rosal, os cadetes e júniores desplazabanse a Barcelos (Portugal) para disputar o 13º Prémio ACR de Roriz.

Comenzóu a Cadete Feminina María Correa e acadaba un grande posto o rematar co 3º posto que a levaría a ese mesmo lugar do Pódio.

 En Júnior a nosa Zaida González voltaba o máis ato do "caixón" demostrando que se lle dan ben as terras portuguegas o facerse cunha grande vitória mentras que os seus compañeiros masculinos remataban 48º e 49º para Adrián Santomé i Ero Sobrino respectivamente.
Fotos de Ludi Martínez

OS IRMANS CARNERO TAVEIRA COMENZAN A TEMPADA MANDANDO


Na tarde de onte sabado o Club Ciclista O Rosal era o encarregado de inaugurar o calendario galego de estrada para as categorías de escolas coa osganización do XXIV Trofeo Pista de As Faias e alí os irmáns Carnero Taveira madabanlle unha mensaxe os seus riváis advertindolles que eles serán uns dos rivais a batir ésta tempada. Irea Villa tamén acadaba pódio en Infantíl Feminino.
Era a categoría de Principiantes a encarregada de inaugurar a competición e Rubén Carnero era o que se levaba a vitória por diante do seu irmán David que facía segundo. Outros dous que tamén serán candidatos o pódio son Iker Rodríguez e Pablo Rodríguez xa que Iker facía o mesmo tempo que Rubén e Pablo o mesmo que David pero quedabanse fora do caixón o cometer un erro cada un rematando sexto Iker e sétimo Pablo. Un que tamén saíu a probar fortuna era o debutante Nicolás Portela e non defraudou os seus suguidores o realizar unha gran proba e finalizar no 18º posto.

En Alevíns grande loita polos primeiros postos e o "rosaleiro" que mais se achegaba era Luís Mendez que remataba no 13º posto seguido de Adrian Alonso 17º, David Rodríguez 20º e Yasir Martínez 22º.

Remataban os infantís cun pletórico Mario Fernández que das 15 voltas das que constaba a carreira en trece estivo sempre nos postos de cabeza pero nas duas últimas víñase un chisco abaixo e remataba nun prometedor 5º posto seguido de David Fletcher 15º.
En Infantíl Féminas Irea Villa estreaba a categoría cun Pódio o rematar nun moi traballado 3º posto.
Fotos da carreira

domingo, 12 de abril de 2015

ZAIDA E MARIA NA COPA DE ESPAÑA FEMININA

Oxe pola mañán a Júnior Zaida González e a Cadete María Correa participaban no 2º TROFEO DE CICLISMO FEMENINO puntuable para a Copa de España e que se diputou na cidade de Zamora.
María era a primeira en competir e completaba os 37,7 Kms. cun tempo de 1:18:14 a 05:50 da gañadora, quedando clasificada na 34ª posición.
Logo sería a volta de Zaida sobre unha distancia de 63,2 Kms. pero que pasado o ecuador da carreira quedaba descolgada da cabeza, o que a obrigaba a retirarse da mesma.
Unha vez rematada a carreira partían de novo para Galicia xa que as 20:00 horas Zaida era recoñecida como Millor Promesa Feminina na 1ª Gala do Deporte de Tomiño que se celebrou no Pavillón dos Deportes de Goián.