No día de onte as 20:00 horas celebróuse no Auditório de Cambados a Gala do Ciclismo Galego 2012 na que a Federación Galega de Ciclismo agasalla os ciclistas i entidades máis destacados da tempada recentemente finalizada e entre eles atopábanse como non podía ser doutra maneira tres dos nosos ciclistas. Raúl Fernández recibiu o Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocróss 2.011-2.012 na categoría Cadete. Manuel González tamén foi agasallado polos mesmos méritos, e decir Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocróss 2.011-2.012 pero na categoría Júnior. Pola súa banda Antonio Portela foi agasallado polo éxito acadado no Campionato de España disputado no mes de xullo en Caspe (Zaragoza) no cual se proclamou como brillante Campión de España Cadete 2.011 en Carretera.
Pola sua parte o Presidente Gerardo Alvarez recolleu o Premio en recoñecemento os éxitos colleitados e a labor de Promoción do Ciclismo de Base.
Tamén queremos destacar que o fin da Gala Toñi Portela foi entrevistado polo xornalista deportivo da TVG Terio Carrera para un resumo da citada Gala que será emitido pola TVG2 en data ainda por confirmar.
Sen dúbida unha tempada chea de éxitos que a Federación Galega soubo recoñecer e que dende a Directiva do Club Ciclista O Rosal agardamos poder continuar nos vindeiros anos.
Fotos da Gala.
Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 12 de febrero de 2012
domingo, 22 de enero de 2012
4º posto de Manuel González en Ispaster (Viscaia)
Como xa comentábamos no día de onte, Manu respondeu as espectativas e voltou a estar nos primeiros postos no sempre dificil território do País Vasco xa que alí os corredores da casa soen ser os que se levan os primeiros postos pero o corredoer do Club Ciclista O Rosal non se enrrugou e acadou éste 4º posto que poñía así fin a unha incríble tempada de Ciclocróss na que dominóu o Calendário Galego gañando todas as carreiras agás a do 35º Trofeo Horacio Barros de Porriño que foi gañada polo seu compañeiro Toni Portela e na que Manu fixo segundo; logo proclamaríase Campión de Galicia, Medalla de Bronce na Taça de Portugal que non venceu por faltar as dúas derrradeiras carreiras que coincidian co calendário español, Medalla de Bronce xunto co seu compañeiro Raúl no Campionado de España na modalidade de Relevos representando a Selección de Galicia e 4º no mesmo Campionato de España en Individual despóis da histórica carreira que disputóu. Só foi mágoa que a piques estivo de acudir o Mundial que se celebra a vindeira semana en Bélxica pero so acudirán tres ciclistas da categoría Júnior e Manuel quedóuse as portas.
Felicitacións os integrantes do C.C. O Rosal pola inesquecible tempada de Ciclocróss que realizaron e que foron Andrés, Cristóbal e Raul en Cadetes e Alex, Manu e Toni en Júnior.
sábado, 21 de enero de 2012
Manu e Toni voltan a darnos alegrías
Foto xentileza de Juan Fernández
Os nosos ciclistas continúan a dar boas novas e no caso de Toni Portela era éste venres cando no correo electrónico do Club Ciclista O Rosal se recibía un correo no que se nos comunicaba a sú convocatória coa Selección Española da categoría Júnior para unha concentración en Segovia do 1 o 5 de fevreiro o que sen dúvida confirma que os nosos ciclistas tamén contan a nivel nacional.
Pola sua banda Manuel González quere despedirse da categoría Júnior de Ciclocróss por todo o alto e mostra delo e a xira que está a facer por terras castellanas e vascas. Comenzaba o pasado 14 de xaneiro na viscaiña localidade de Bérriz donde acadaba un espléndido 6º posto, pero no día de hoxe no III Memorial José Luís Talamillo en Burgos, o bó de Manu poñíase as pilas e voltaba o mais alto do Pódio cunha vitória na que deixaba claro que o que aconteceu nos Campionatos de España e de Galicia non foi por casualidade e que está nun grande estado de forma o vencer cunha vantaxe de 1 minuto e 8 segundos sobre o segundo clasificado que non era outro que o recentemente proclamado Subcampión de España José Manuel Ribera Francés (Comunidade Valenciana).
No día de mañán Manu vai continuar coa sua xira e vai competir de novo en terras de Viscaia concretamente na localidade de Ispaster donde contamos que Manuel volte a estar nos primeiros postos.
jueves, 12 de enero de 2012
Impresionante vitória de Andrés na Taça de Portugal
Mentres que os nosos ciclistas seleccionados colleitaban éxitos no Campionato de España en Gandía, os que quedaban aquí non se quedaron atrás e tanto Andrés Fernández como Alex Lomba acudían a derradeira cita de Taça de Portugal (Copa de Portugal) que se celebraba en Vila do Conde cun fantástico triunfo.
Comenzou a carreira de Cadetes e xa dende o comenzo da mesma Andrés deixaba claro que iba poñerlle as cousas moi dificiles os seus rivais demostrando unha gran clase e potencia que o final se traducía nesta vitória tan buscada e que lle valía para facerse co segundo posto da clasificación xeral final da Taça empatado a puntos co primeiro clasificado. Nesta clasificación final tamén destacan o 4º posto de Raúl e o 9º de Cristóbal que se atopaban en Gandía.
En Junior Alex Lomba tamén realizaba unha gran carreira e remataba no 4º posto e que lle valía para acabar 7º na xeral final. Outros que tamén acadaban éxitos pese a estar en Gandía eran Toni Portela que remataba 5º na xeral e mellor ainda para Manu González que gracias as vitórias en Sobrado (Valongo) e en Águeda colleitaba os suficientes puntos como para subir o Pódio no 3º posto da Xeral Final da Taça de Portugal, trofeo que recolleu Alex no seu nome.
Como poden apreciar os nosos siareiros os integrantes do Club Ciclista O Rosal triunfan en Galicia, España e en Portugal.
Por outra banda e en recoñecemento os éxitos acadados no Campionato de España, Manuel González vai ser recibido o vindeiro venres as 12 do mediodía polas Autoridades Municipais do Concello de A Guarda.
Fotos por xentileza de Andrés
lunes, 9 de enero de 2012
Bronce para Raúl e Manuel no Campionato de España de Gandía
Os Reis Magos traenlle a Manuel e Raúl os regalos en forma de Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocróss disputado éstes días 6, 7 e 8 en Gandía (Valencia).
Intensos e inesquecibles éstes Campionatos por terras valencianas xa que alí participaban os nosos ciclistas máis destacados representando a Selección Galega como son Raúl, Manu e Toni e a bo fé que deixaron o nome do Rosal moi alto. Comenzaba a competición o venres día 6 coa proba de relevos co primeiro galego en sair que era José Rodríguez "Tami" (Master 30) que sofría problemas mecánicos e perdía un tempo de ouro o mesmo que Isabel Castro (Feminas) que collia o testigo e tamén tiña problemas; a seguir era Raúl (Cadete) o que tomaba o relevo e conseguía rebaixar as diferenzas cos primeiros para logo entregarlle o testigo a Manuel (Júnior) que facía unha gran remontada para seguirlle Pablo Rodríguez (Sub-23) e finalizaba a carreira Mauro González (Elite) co cual con esas remontadas facían que acadasen esas Medallas de Bronce.
O sábado 7 eran o Benxamín Iago Alvarez e o Alevín Mario Fernández os que nos representaban nunha carreira de promoción acadando os portos 7º e 6º respectivamente. E continuaba a xornada con duas novas medallas para a Selección Galaga, a primeira era de Ouro lograda por Desiré Duarte na categoría Cadete Feminina e mentres ela se facía coa Medalla de Ouro era a súa nai Isabel Castro en Elite Feminina a que acadaba a Madalla de Prata. Xa logo pola tarde chegaba outra alegría para Galicia xa que José Rodríguez "Tami" en Master-30 vencía nunha gran carreira e facíase así coa Medalla de Ouro.
O domingo 8 era o día máis esperado polos nosos ciclistas e polos aficcionados rosaleiros desprazados a Gandía pois disputábanse as categorías Cadete e Junior nas que había grandes esperanzas de acadar medalla. Comenzaban os Cadetes con Raúl representando a Galicia e Cristóbal coas cores do Club Ciclista O Rosal e Raúl xa nos primeiros metros daba mostras das suas intencións pois pasaba a primeira volta no 6º posto pero un inesperado baixón facía que nas duas voltas seguintes baixara até a 10ª posición mentres que Cristóbal o facía na 38ª pero logo Raúl era quien de recuperarse para o final acadar un brillantísimo 6º posto mentres que Cristóbal recuperaba dúas posicións para finalizar 36º.
Logo sería o turno dos Júnior donde os nosos Manu e Toni partían entre os favoritos o Pódio e a carreira comenzaba de forma lamentable para os nosos intereses xa que unha caída masiva a poucos metros da saída deixaba a Manu e a Toni cortados e perdendo contacto coa cabeza de modo que Manuel realizaba o primeiro paso por meta no posto 17º e Toni no 30 pero os nosos ciclistas están feitos doutra pasta e votaron todo o que levaban dentro para nunha carreira épica ir remontando posicións volta a volta para que o final Toni 11º nunha grandísima carreira e Manu que por tan só cuatro segundos non acadaba a Medalla de Bronce tería que conformarse co cuarto posto. Unha mágoa xa que de ter habido douscentos metros máis de carreira Manu de seguro que sería Bronce como mágoa tamén foi esa caida o início da carreira que fixo que tiveran que ir remontando posicións e que sinón de seguro que teríamos duas Medallas máis.
E con ésta crónica do Campionato de España ponse fin a unha fructífera tempada de Ciclocróss na que entre outros triunfos hai que destacar a Raúl (Campión de Galicia Cadete). Manuel (Campión de Galicia Júnior) e Toni (Subcampión de Galicia Júnior).
Fotos do Campionato.
Galería de Cirstóbal Coimbra.
sábado, 31 de diciembre de 2011
Peche da tempada galega con tres novos Pódios
Os corredores do
Club Ciclista O Rosal pechan a tempada do calendario galego de Ciclocróss cun
dominio aplastante e absoluto sobre os seus rivais e desta volta foi nos
arredores do Castelo de Maceda (Ourense) traendo para O Rosal duas novas
vitórias e un terceiro posto.
O primeiro en
subir o “caixón” non foi outro que Raúl que despois de gañar todas todas as
probas galegas e proclamarse Campión de Galicia, hoxe despedíase con outra
vitória desmostrando así o seu dominio na categoría Cadete. E como é de costume
Raúl saíu xa na cabeza da carreira para non abandonala xa até o final e
adxudicarse a vitória cunha grande vantaxe mentres que Andrés que facía unha
gran carreira de menos a máis acadaba o 6º posto o contrario do seu compañeiro
Cristóbal que foi de máis a menos para terminar 11º.
En Júnior de novo
vitória para Manuel que desta volta tiña que loitar máis do habitual xa
que nos primeiros compases da carreira
marchábase en cabeza na compaña de Daniel López (C.C.Cambre) que non deixaba
que se fose en solitario pero chegada a derradeira volta o circuito Manuel
poñía “toda a carne no asador” e collía unha vantaxe para chegar a Meta cunha
cómoda vantaxe e facerse desta maneira coa vitória. Outro que fixo unha das
mellores carreiras da tempada foi Toni Portela que quería por tódolos medios axudar o seu
compañeiro Alex a subir o Pódio e tiña que baixar até o sexto posto para
acompañalo e así durante varias voltas pero decatándose de que a “misión” non
ía chegar a bon porto, a falta de tres voltas para o final e vendo que un posto
no Pódio se escapaba, decidia atacar e nunha mostra de poderío físico foi
recurtando a desvantaxe para nun apasionante final acadar ese merecidísimo
terceiro posto mentres que Alex que tamén realizóu unha gran carreira
terminaría sexto.
Terminada a
tempada galega e en recoñacimento o estado de forma demostrado néste períplo
por terras galegas, o premio foi a convocatória que o selecionador galego
Moisés Leboso fixo para os Campionatos de España a disputarse en Gandía os días
6, 7 e 8 de xaneiro donde incluíu como non podía ser doutra maneira a Raúl
Fernández (Cadete) e a Manu González e Toni Portela (Junior) para que
representen a Galicia en terras valencianas.
Desexámoslles o
millor nesta nova “aventura” que porá o punto final a tempada de Ciclocróss.
sábado, 24 de diciembre de 2011
Dominio total nos Campionatos de Galicia de Ciclocróss
As "apisonadoras" do Club Ciclista O Rosal paséanse pola Capital de Galicia e voltan a deixar o nome do noso Club no máis alto do "panorama galego" e desta volta era na competición máis importante da Comunidade Autónoma como son os Campionatos de Galicia.
Comenzóu a competición como e de costume coa categoría Cadete con Cristóbal e Andrés nos primeiros postos e Raúl moi retrasado por sair no medio do pelotón pero xá mediada a primeira volta das catro que constaba a carreira, Raúl nunha gran remontada xa se situaba no segundo posto para de seguido lanzar o seu poderoso ataque ante o que os seus riváis se atopaban impotentes para poder seguilo. Mentres todo isto acontecía Cristóbal iba perdendo contacto coas primeiras posicións mentres que a fortuna lle daba as costas a Andrés en forma de problemas co cambio o que o obrigaba o abandono. E con todo isto Raúl non se detiña no seu empeño e iba aumentando a sua vantaxe con cada pedalada para cruzar a liña de meta cunha vantaxe de 55 segundos sobre o seu máis inmediato perseguidor e desta maneira proclamarse Campión de Galicia. En canto a Cristóbal, despois dun grande esforzo chegaba a meta no 10º posto.
Xa a media mañán era o turno da categoría Júnior e o recital comenzaba nos primeiros metros pois Alex, Toni e Manuel marchaban nos tres primeiros postos o que facía presaxiar que o título podería vir para O Rosal e os nosos ciclistas queríannos demostrar que iso iba ser así pois mentres que Alex cedía algúns postos, os seus compañeiros Manu e Toni sumaban as suas forzas para desfacerse de Daniel López (C.C.Cambre) que marchaba segundo e desta maneira marcharse os dous alternándose no primeiro posto e aumentar a vantaxe con respecto os seus perseguidores que non eran quien de nin siquiera manter as distancias xa que éstas iban aumentando conforme pasaban as voltas. E con éste decorrer da carreira, o final xa estaba escrito e so faltaba saber quen sería o Campión e o delírio apoderábase dos seguidores rosaleiros e do público en xeral que recoñecía a xesta dos nosos ciclistas nesta carreira que se decantaría do lado de Manuel que entraba con vantaxe por diante de Toni mentres que Alex terminaba a gran actuación co 6º posto
PARABÉNS OS HEROES: RAÚL CAMPIÓN, MANU CAMPIÓN, TONI SUBCAMPIÓN, ALEX 6º, CRISTÓBAL 10º E ANDRÉS.
A directiva do Club Ciclista O Rosal Saúda e desexa Moi Boas Festas a tódolos seus Integrantes, Sócios, Aficcionados, Simpatizantes, Firmas Colaboradoras e toda a xente que nos segue día a día e nos presta o seu indispensable apoio.
Fotos da carreira.

domingo, 18 de diciembre de 2011
35º Trofeo Vila de Porriño de Ciclocróss
Os integrantes do Club Ciclista O Rosal voltan a dominar noutra proba do calendario galego, desta vez no 35º Trofeo Vila de Porriño organizado polo C. C. Spol que nunha mañán moi fría pola temperatura que roldaba os 0º grados e donde unha persistente néboa que en toda a mañán impediu que lucira sol, os nosos integrantes voltaban a triunfar.
Comenzaban a loita os Cadetes donde o gran dominador da tempada, o "noso" Raúl arrancaba xa nos primeiros compases da carreira para situarse na cabeza sendo preseguido por Alberto Martíns(C.C.Rias Baixas) e por Cristian Mota (C.C.Ponteareas) e cos que durante toda a carreira se alternarían no liderato con Andrés situado na 5ª posición e Cristóbal un chisquiño máis descolgado. E sería na derradeira volta o circuito cuando Raúl lanzaría un "demoledor ataque" para deixar descolgados os seus riváis e desta maneira facerse co primeiro posto deste prestixioso Trofeo. En canto os seus compañeiros o loitador Andrés baixaría ata a 7º posición final mentres que Cristóbal finalizaba 11º.
De excepcinal podemos calificar a carreira dos Juniors que voltaron a dominar o seu antoxo xa dende a saída na que Manuel González saía en cabeza destacándose dos seus rivais, con Alex Lomba na 5ª posición e Toni Portela alá pola 14ª moi descolgado por mor dunha mala saída. Pero xá na 2ª volta Toni situábase 2º despóis dunha gran remontada para un par de voltas máis tarde dar alcance o seu compañeiro Manuel co que se foi alternando en cabeza durante o resto da carreira e con Alex loitando un pouco máis atrás. Pero non sería ata os derradeiros metros que se decidiría a vitória que desta volta caía do lado de Manuel mentres que Toni acadaba o 2º posto e Alex un traballado 8º.
Agora toca esperar o vindeiro sábado no que nos desprazaremos a Santiago de Compostela para disputar os Campionatos de Galicia da especialidade donde os integrantes do Club Ciclista O Rosal parten como favoritos ainda que haberá que esperar o final para ver se algún dos títulos ven para O Rosal.
Fotos da carreira

lunes, 12 de diciembre de 2011
Copas de España e de Portugal de Ciclocross
Doble xornada de Ciclocross para os nosos Cadetes e Juniores en Alcobendas (Madrid) e Mirandela-Bragança (Portugal).
Raúl, Alex, Manuel e Toni que ainda se atopaban por terras madrileñas, acudían a Alcobendas para tomar parte na carreira que era puntuable para a Copa de España.
En Cadetes era Raúl o que nos representaba e acababa a carreira no 11º posto por mor dunha caída que o retrasaba varias posicións.
En Júnior o mellor era Toni Portela que acadaba un brillante 5º posto o que seguía Manuel González no 7º que sofría unha avería mecánica que tamén o retrasaba vários postos e pola súa parte Alex Lomba non coseguía acabar a carreira.
O mesmo tempo que éstes corrian en Alcobendas, Andrés e Cristóbal participaban en Mirandela, proba puntuable para a Taça (Copa) de Portugal donde un pletórico Andrés subía o Pódio o facerse co 2º posto. Pola súa parte Cristóbal que padecía problemas físicos terminaba no 6º posto
Fotos de Alcobendas
Fotos de Mirandela
sábado, 10 de diciembre de 2011
¡¡¡¡En Madrid tamén se fala "rosaleiro"!!!!!!!!!
As duas da madrugada partían vía carretera catro Ciclistas, un Director Deportivo e un Directivo do Club Ciclista O Rosal cara a terras da capital de España para as nove da mañán competir no III Gran Premio de Ciclocross de El Escorial valedeiro para a Copa da Comunidade de Madrid.
O madrugón e a chea de kilómetros que se pegaron tiveron a sua recompensa en forma doutras dus vitórias para os nosos integrantes.
Raúl Fernández era o primeiro en competir e despóis dunha carreira maxistral, impoñíase na meta demostrando que ésta tempada está pletórico de forma física e mental como demostrou alá polos "madriles" facéndose coa vitória.
Outro que non deixou escapar a oportunidade foi o Junior Manuel González que tamén dominaba a categoría e vencía cun dominio absoluto e arrollador os seus riváis. Destacaron tamén os seus compañeiros Toni Portela e Alex Lomba que acadaron os postos 5º e 8º respectivamente.
Ésta noite pernoctarán en Alcobendas donde nesa localidade, mañán participarán na derradeira proba da Copa de España.
Pola súa parte os cadetes Andrés e Cristóbal asistirán a Bragança (Portugal) para participar na carreira da Taça de Portugal que se disputa na localidade de Mirandela.
Fotos de José Carlos Fernández
jueves, 8 de diciembre de 2011
35º Trofeo Ciclocross Horacio Barros
Como xa podemos ver nesta foto, os integrantes do Club Ciclista O Rosal continúan a dominar na modalidade de Ciclocross Cadete e Júnior tanto en Galicia como en Portugal e na mañán de hoxe era en Porriño co gallo da disputa do 35º Trofeo Horacio Barros.
En Cadetes Raúl repetía o posto acadado fai dous días en Boiro. Comenzou a carreira con Raúl que se situaba en postos de cabeza en loita con Alberto Martins (C.C. Rias Baixas) mantendo ambos un man a man durante as duas primeiras voltas pero a partir de ahí Raúl íbase do seu rival e conforme iban pasando as voltas, aumentaba a sua vantaxe chegando destacado a meta no primeiro lugar. Boa carreira tamén a disputada por Andrés e Cristóbal que se facían cos postos 8º e 9º respectivamente.
En Júnior Toni e Manuel voltaban a ocupar os dous peldaños mais altos do "caixón". O inicio da carreira xa deixaba moi claro que a vitória ia vir para O Rosal e solo faltaba dilucidar quien dos dous se levaría "o gato a auga". Xa na primeira volta tanto Manuel como Toni deixaban atrás os seus rivais cunha certa vantaxe para os dous xuntos liderar a carreira cunha certa comodidade con Alex pelexando nos postos intermedios para logo Manuel coller varios metros por diante Toni, pero éste conseguía enxugar esa diferenza e adiantaba o seu compañeiro polo que o final a vitória se decantaba do lado de Toni con Manuel segundo co que demostraban que traballando en conxunto os esforzos sempre teñen o seu prémio. O final Alex cedía algo de terreo e cruzaba a liña de meta no 12º posto.

martes, 6 de diciembre de 2011
24º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocross
Si fai dos días a exhibición era en terras portuguesas,
desta volta era en terras do Barbanza donde se celebraba a primeira proba do
calendario galego co 24º Trofeo Concello de Boiro de Ciclocross.
Comenzaron os Cadetes donde desta volta Raúl Fernández tirou
de forza física para dinde o primeiro momento situarse na cabeza da carreira
para logo tirar de forza mental para controlar a carreira e non abandonar a
primeira posición e desta maneira adxudicarse ésta merecida e traballada vitória.
Os que tamén brillaban eran Cristóbal e Andrés que remataban a carreira nos
postos 8º e 9º respectivamente.
En Júnior novo paseo triunfal para Manuel González que dende os primeiros compases da carreira se situou na primeira posición para non abandonala ata que cruzou a liña de meta traendo para O Rosal o 24º Trofeo de Boiro. Toni Portela exercía de escudeiro e facíase co non menos importante 2º posto. Alex Lomba que sofreu unha avaría mecánica terminaba no 7º posto.
O vindeiro xoves día 8 dispútase o 35º Trofeo Horacio Barros na porriñesa localidade de Mosende.
lunes, 5 de diciembre de 2011
Nova exibición na Copa de Portugal
Os integrantes do Club Ciclista O Rosal voltaron a deixar o nome do noso Club no mais alto o acadar catro pódios en Agueda donde se disputóu onte a segunda proba da Copa de Portugal.
Comenzaron os Cadetes e de novo Raúl voltaba a pelexar por unha vitória que se lle escapaba por moi pouco e que o final se tería que conformar co segundo posto. Cristóbal voltou a brillar por méritos propios e acadaba ese fantastico terceiro posto.Pola súa banda Andrés finalizaba na 5ª posición
En Júnior de novo Manuel González voltaba a demostrar quien e o máis forte e gañaba a carreira de maneira incontestable e desta volta por diante do seu compañeiro de equipo Toni Portela que ven demostrando a súa adaptación a categoría e facíase co segundo posto do "caixón".Alex Lomba voltaba a finalizar 8º.
Despois destas duas probas da Taça de Portugal Raúl marcha segundo, Cristóbal 5º e Andrés 6º na clasificación de Cadetes e en Juniores Manuel segue como líder destacado con Toni no 4º posto e Alex no 11º.
Mañán día 6 o desprazamento será a terras do Barbanza concretamente a Boiro donde se participará na primeira proba do Calendario Galego para no xoves día 8 paticipar en Porriño.
Fotos de José Carlos Fernández
lunes, 28 de noviembre de 2011
Ciclocross de La Morgal (Asturias)
Outra fructífera xornada para os integrantes do Club Ciclista O Rosal no día de onte, desta vez o desprazamento foi de novo a terras asturianas, concretamente na localidade de La Morgal e os nosos ciclistas voltaron a desmostrar que vaian donde vaian, sempre loitan polos primeiros postos.
En Cadetes de novo Raúl voltaba a demostrar que está moi en forma e para que o seleccionador galego se fixe en él de cara os Campionatos de España a disputarse no vindeiro mes de xaneiro en Gandía , loita sempre polos primeiros postos e desta vez foi co segundo posto acadado. Un sorprendente Cristóbal acadaba un traballadísimo 8º posto.
En Júnior de novo Manuel e Toni voltaban a brillar cos 2º e 3º postos respectivamente acadados e que tamén estan a sumar méritos para acudir a Gandía. Alex Lomba quedaba un pouco mais descolgado e terminaba nun espléndido 7º posto.
Fotos de José Carlos Fernández
domingo, 20 de noviembre de 2011
COPA DE PORTUGAL EN SOBRADO (VALONGO)
Vitória de Manuel e segundo posto de Raúl na Copa de Portugal de Ciclocross disputada ésta mañán en Sobrado (Valongo).
Tempo espléndido para a práctica do Ciclocross donde comenzaron os Cadetes e Raúl situabase na cabeza da carreira durante duas voltas para logo ser superado por Ivan Conde (C.C. Maceda) e pasar a unha marcaxe sempre a moi curta distancia o que facía que a carreira non se decidise ata os intres finais donde a Raúl se lle escapaba a vitória por uns escasos cinco metros e acadando desta maneira o 2º posto.
En Junior asistíamos a un monólogo de Manuel González xa que nos deleitaba cun auténtico recital durante toda a carreira situandose na cabeza da mesma dende o pitido de saída ata o final, dominando e controlando os seus riváis con moita cabeza fría que lle valía para facerse coa vitória por diante do Campión Portugués.
Toni Portela acababa 8º e Alex Lomba 9º.
Fotos da carreira
domingo, 13 de noviembre de 2011
VIII MEMORIAL ANDRES MENDEZ EN NAVIA
Segunda xornada don nosos ciclistas por terras asturianas, concretamente na vila de Navia para disputar o VIII MEMORIAL ANDRES MENDEZ e donde salvo Manuel González , todos milloraron os resultados acadados no día de onte.
Comenzaron os cadetes e de novo gran carreira de Raúl que milloraba un posto con respeito a onte en Xixón acadando o 9º posto.
En Junior o primeiro "rosaleiro" era de novo Manuel que baixaba dos postos para acabar 8º, Toni Portela tamén milloraba un posto para acabar 12º. Outro que tamén milloraba outro posto era Alex Lomba que terminaba 28º.
Moi bos estes resultados acadados polos integrantes do Club Ciclista O Rosal tendo en conta que se medían os millores ciclistas de España xa que ésta proba tamén era puntuable para a Copa de España.
Fotos de José Carlos Fernández
sábado, 12 de noviembre de 2011
III TROFEO VILLA DE GIJÓN DE CICLOCROSS
As tres e media da madrugada de hoxe partían cara a Xixón (Asturias) para participar no III TROFEO VILLA DE GIJÓN DE CICLOCROSS puntuable para a Copa de España da especialidade o cadete Raúl Fernández, os junior Alex Lomba, Manuel González e Antonio Portela os que acompañaban o Director Deportivo José María Alvarez e mailo directivo do Clube José Carlos Fernández.
As 12:30 horas comenzaban os cadetes e Raúl como sempre dando todo o que leveba dentro, acadaba un interesantísimo 10º posto na clasificación final.
Máis tarde eran os Junior os que tomaban a saída donde un combativo Manuel demostraba o seu alto nivel acadando o 6º posto. O seu compañeiro Toni Portela que se está aclimatando a unha categoría nova para él acadaba un estupendo 13º. Gran carreira tamén a realizada por Alex que o final terminaría no 29º lugar da clasificación.
Unha vez terminada a carreira collían ruta cara a Navia donde pernoctarán para mañán de mañán participar no VIII MEMORIAL ANDRÉS MÉNDEZ puntuable tamén para a Copa de España.
Fotos de José Carlos Fernández
domingo, 6 de noviembre de 2011
III Marcha BTT Serra da Grova
O Club Ciclista Guardés en colaboración cos Concellos de A Guarda, O Rosal, Oia e do Club Ciclista O Rosal, organizou a III Marcha BTT Serra da Grova nesta mañán espléndida para a práctica do ciclismo cunha lista de inscritos que superaba a cifra de douscentos participantes.
O circuito que constaba de máis de 30 kilómetros, partía da Sangriña (A Guarda) para encarar a durísima subida o Torroso pasando logo polo Alto da Cruz da Portela (O Rosal) e dende alí cara a San Martiño e Muiños do Folón (O Rosal) para encarar a subida a Santa Comba (Oia) para máis adiante comenzar a espectacular baixada cara Acevedo (Oia). Dende alí xa co terreo máis plano a ruta continuaba cara o Muiño das Aceñas (O Rosal) donde estaba situado o "abituallamento" para continuar logo pola veira do Río Miño e rematar a proba de novo na Sangriña.
Fotos da marcha.

domingo, 9 de octubre de 2011
Início da tempada de Ciclocross cun pódio
Esta
mañá daba comenzo a tempada 2011-2012 de Ciclocross na cidade de
Valladolid e si fai unha semana cando despedíamos a tempada de carretera
decíamos que os nosos ciclistas darían que falar neste novo ciclo do
Ciclocross, hoxe demostraronnos que non nos faltaban motivos para tal
afirmación xa que nesta primeira carreira os rapaces do Club Ciclista O
Rosal rodaron a un grande nivel cun segundo posto, un cuarto, un quinto,
un décimo e un decimoprimeiro.
Comenzaba acategoría Cadete na que nos representaba Raúl Fernández e que demostraba o seu espléndido estado de forma rozando o pódio con ese traballadísimo 4º posto.
Continuaba a categoría Junior donde Manuel González nos demostraba que éste debe ser o seu ano con éste fantástico 2º posto que esperamos sexan moitos máis. Primeira carreira como Junior para Toni Portela que acadaba un ilusionante 5º posto. Destacar tamén os non menos importantes 10º e 11º de Ivan Morais e Alex Lomba. Ademais tamén acadaron o 1º posto por equipos Junior.
Agora si non se calendan outras carreiras os nosos ciclistas disfrutarán dun merecido mes de "descanso" ata a vindeira carreira a disputar en Rois.

domingo, 2 de octubre de 2011
Fin de tempada con vitória de Raúl
Ésta fin de semana comenzaba a competición coa carreira nocturna do venres no 34º CRITERIUM FESTAS DO CRISTO DO PORRIÑO-JUNIORS na que o noso representante era Alex Lomba que acadaba o 15º posto para logo no dia seguinte logo de mañán coller camiño rumbo a Lugo donde a partires das catro e media da tarde se disputaba o GRAN PREMIO SAN FROILÁN que poñía fin a tempada 2011 de carretera para todas as categorías e que como é costume comenzaba pola categoría Benxamín donde os nosos representantes non acadaron os éxitos os que nos teñen acustumados. O millor clasificado era Yasir no posto 7º a quen hay que reconocerlle os seus excelentes resultados xa que ésta era a súa primeira tempada. Iago Alvarez que èsta tempada participou en poucas probas por terse adicado máis a modalidade de MiniBTT acadaba un meritório 11º posto; Irea demostraba a súa progresión co 18º posto.E para finalizar o grande dominador da categoría Mario Fernández despedíase da mesma (a vindeira tempada pasa a categoría Alevín) co 28º posto por mor dun erro na Ximcana.
En Infantís era Xoel Villa o encarregado de defender as cores do C.C. O Rosal que contra o fin da carreira era baixado da mesma por quedar moi descolgado da cabeza.
Chegaba despóis a categoría Cadete que nas primeiras voltas o circuito de 1.050 metros Adrián Vicente lanzaba un par de ataques que lle durarían un par de voltas para logo ser neutralizado polo pelotón. Sería logo António Portela quen o tentaría pero pola súa condición de Campión de España, era sometido a unha estreita marcaxe por parte dos seus rivais e desistía para pasar a unha labor gregario de equipo para que o seu compañeiro Raúl Fernández moi ben situado durante toda a carreira, demarrara nos derradeiros cincocentos metros e collía por sorpresa os seus rivais o cal lle permitía acadar a vitória e estrearse no primeiro posto do Pódio da categoría Cadete. Moi regular Adrián Vicente que terminaba 10º; Andres 21º, Toni 22º, Pablo 36º e Cristóbal 42º pechaban a clasificación.
E para rematar era de novo Alex Lomba quen nos representaba na categoría Junior que despois de tentar de irse par de veces do pelotón, tiña que conformarse co 15º posto final.
En breve comeza a nova tempada de Ciclocross na que seguramente os integrantes do Club Ciclista O Rosal voltarán a dar que falar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)